|
PUBLICACIÓNS
PERIÓDICAS
|
|||||||||||
|
Tanto en España como en Galicia, podemos afirmar que existen poucas publicacións periódicas (revistas) dirixidas a nenos e nenas menores de seis anos, se o comparamos con países como Francia ou Bélxica. As revistas crean lectores, e dado que son asequibles, promoven o seguimento por parte deles. introdúcenos na narrativa, na poesía, na banda deseñada, no humor gráfico, e permiten educar o seu gusto estético ao teren a posibilidade de coñecer e observar distintos estilos de ilustracións. |
|||||||||||
|
ALGÚNS EXEMPLOS
|
|||||||||||
![]() |
|
![]() |
![]() |
||||||||
|
En Galicia publicáronse dúas revistas con gran popularidade: Golfiño e Sapoconcho. Golfiño, que pasou da propiedade de Edicións Xerais de Galicia á de La Voz de Galicia, aglutinou a gran parte dos ilustradores e ilustradoras galegos, así como a guionistas, narradores, poetas, cineastas, expertos en arte, e moitos máis profesionais do mundo da creación. Contaba con entrevistas, pasatempos, propostas para escolas, e un longo número de posibilidades. Sapoconcho naceu no Museo do Humor de fene, da man do debuxante e humorista gráfico Xaquín Marín, director do mesmo. Tamén nesta revista se deron cita importantes debuxantes de Galicia e outros territorios. |
podemos destacar fóra de Galicia propostas como a de Míster K, de El Jueves, con debuxantes de toda España, e con predominio do humor e da banda deseñada. A nivel europeo, Pomme D'Apí, interesante porque se abre a un público máis novo, que se inicia na lectura (textual e de imaxe) |
||||||||||
|
ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS |
|||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||