GADGETS PROMOCIONAIS

De dubidable intencionalidade formativa e educativa, os gadgets promocionais son omnipresentes na cultura que rodea aos máis pequenos: gorras, camisetas, globos, pins, folletos, pósters. Na maioría das veces non teñen máis valor que o promocional, a venda dunha imaxe ou dunha marca. E con frecuencia son utilizados como agasallos para os nenos. Conteñen imaxes case sempre, e por ese motivo se consideran produtos visuais.

ALGÚNS EXEMPLOS

Existen en ocasións elementos promocionais de indubidable carácter artístico.

Con frecuencia as editoriais elaboran calendarios que combinan a información dos meses e os días con outro tipo de datos arredor de libros, ou mesmo con historias propias, exclusivas para o produto.

Así, podemos ver calendarios ilustrados, con reflexións visuais moi poéticas sobre as diferentes épocas do ano, ou convertendo aos meses en viñetas dunha historia en banda deseñada.

 

ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS

LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS