LIBROS MUDOS

O feito de que un libro non teña palabras non implica que estea pensado só para nenos e nenas. Tampouco implica que teña "menos historia", posto que a imaxe é unha linguaxe tan completa e eficaz como a palabra. Existen prexuízos arredor da ilustración como un medio bo para os máis pequenos, pero non tanto para os maiores. Grandes obras da ilustración demostraron que poden ser multiplicadoras de historias, emocións, sensacións, sen necesidade de recorrer ás palabras. Poderiamos destacar, por exemplo, o traballo de Shau Tan, que conta historias fascinantes e abertas sen textos. Ou tamén a André Dahan, co seu Helico y el Pájaro, e mesmo os tres Libros del Ratón, de Monique Félix.

ALGÚNS EXEMPLOS

Con EMIGRANTES, Shaun Tan consegue unha ambientación exquisita, unha atmosfera emocional impactante, e aporta pinceladas de realismo máxico, de fantasía dentro da realidade, que supón unha vía de escape, unha sorte de salvación en medio das dificultades humanas.

Premer AQUÍ para ver o booktrailer da obra.

 

ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS

LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS