|
ABECEDARIOS E SILABARIOS
|
|||||||||||||||
|
Neste tipo de publicacións atopamos multitude de elementos arredor das letras do alfabeto: conxuntos de obxectos, animais, plantas, vehículos, profesións, obras de arte coñecidas, países, e un longo etcétera. O obxectivo é conducir a atención ás letras, ás sílabas, e en ocasións de maneira específica ás vogais ou ás consoantes. A presenza da imaxe enriquece o acercamento ás grafías e, moi especialmente, aos sons. A función principal destas obras é didáctica: ensinar aos máis pequenos a ler. Sen embargo, existen casos nos que as letras son pretextos gráficos para contar historias non tan infantís. |
|||||||||||||||
|
ALGÚNS EXEMPLOS
|
|||||||||||||||
![]() |
![]() |
![]() |
|||||||||||||
|
Un enxeñoso e creativo libro de actividades. Cando se montan cada unha das 26 letras do alfabeto, aparece un animal que ten esa letra como inicial Autor: Sisho Ishikawa Coco Books |
As vogais van aparecendo e relacionándose con animais, ben porque os seus nomes comezan por esa letra, ben porque os sons que producen coinciden con ela. Convida á participación dos lectores, pedíndolles que "dean" letras e sons. Autora: Yolanda Castaño Ilustrador: Xosé Tomás Editorial Galaxia |
Neste caso non se trata de letras, senón de números. Realizando unha conta atrás, apréndense os números do un ao dez a través dunha historia de abellas que van desaparecendo por diversos motivos. Autora: Marilar Aleixandre Ilustrador: Pere Meján Edicións Xerais de Galicia |
|||||||||||||
|
ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS |
|||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||