ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS

E xisten innumerables adaptacións de obras de tipo fundamentalmente audiovisual: debuxos animados, películas, e obras en banda deseñada. En moitas ocasións non teñen un obxectivo literario, senón de popularización doutros produtos, e utilízanse con frecuencia como ferramentas de merchandising. Unha película se estrea e a continuación aparecen versións en formato libro que fidelizan ao espectador que disfrutou dela. Productoras como Disney, Dreamworks e outras, empregan o libro como un elemento máis para estender os beneficios das películas. Noutras ocasións, trátase de series televisivas de éxito mundial, como é o caso de Shin Chan, Dragon Ball, etc.

ALGÚNS EXEMPLOS

SHIN CHAN

A serie televisiva chega a converterse nun éxito mundial, xusto nun momento no que os personaxes infantís estaban excesivamente docificados desnte medio. Aparece un protagonista crible, inquedo, rebelde e transgresor. Automaticamente saen á luz as publicacións periódicas en formato revista, que retroalimentan o desexo de seguir vendo a serie na televisión.

Autor: Yoshito Usui

EDITORIAL PLANETA

OUTRAS ADAPTACIÓNS:
O caso de UP (Disney/Pixar) é paradigmático. A productora non levou a cabo unha potente campaña publicitaria de merchandising por temor ao fracaso: tratábase dun protagonista ancián, e tiñan certas suspicacias polo seu éxito. Finalmente converteuse nun éxito de taquilla, por un guión moi coidado e unha estética de realismo máxico envolvente. Foi entón cando saiu a versión adaptada en formato libro.
 

ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS

LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS