|
LIBROS DE IMAXES
|
||||||||
|
De moi recente creación na historia dos libros con imaxes, os libros puramente de imaxes consisten en obras meramente visuais, sen fío argumental, sen (en ocasións) relacións semánticas entre as imaxes, que procuran, para os máis pequenos, a interpretación visual inicial de conceptos básicos: un coche, unha casa, un neno, un can, ... Trátase da primeira aproximación dun bebé á representación gráfica de elementos da súa vida diaria. Suoñen, sen dúbida, unha ocasión para acompañalos nesa lectura visual (tan importante), para que aprendar a verbalizar o que as imaxes representan. Abondan no mercado, e supoñen unha fonte inesgotable de produtos, moitas veces vencellados a marcas, a películas, a personaxes xa coñecidos, etc. |
||||||||
|
ALGÚNS EXEMPLOS
|
||||||||
![]() |
Os libros de imaxes son cada vez máis sofisticados: non abonda con mirar, hai que tocar, tirar, apretar, cheirar, morder. Moitos deles están troquelados, para que os nenos e nenas introduzan o dedo polo burato, Conteñen texturas, para que pasen os dediños por riba e sintan as diferencias. Aglúns están feitos de materiais sumerxibles, para que os metan na auga durante o baño, e outros teñen "apendices" para masticar. Son unha mostra máis das posibilidades do libro como obxecto de interacción e relación co lector. |
|||||||
|
ABECEDARIOS E SILABARIOS RIMAS, CONTINAS, CANCIÓNS E SILABARIOS CONTOS CONTEMPORÁNEOS ADAPTACIÓNS DE CONTOS POPULARES ADAPTACIÓNS NON TRADICIONAIS LIBROS MUDOS POP-UPS DOCUMENTAIS CADERNOS DE ACTIVIDADES DICIONARIOS VISUAIS LIBROS DE IMAXES GADGETS PROMOCIONAIS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS |
||||||||
![]() |
![]() |
|||||||