3.2 O deterioro do medio rural
Resulta obvio que as necesidades actuais non son as mesmas que as
dos seculos XVI o XIX, e as edificacions e o noso agro deben adaptarse a elas,
pero tamen debe respetarse os valores esenciais da nosa arquitectura
popular e deben adaptarse e integrarse
as novas construcions na paisaxe.
Dous son os grandes perigos aos que se enfronta a nosa paisaxe, o abandono da galicia interior e en xeral do medio rural e as construccions e usos inaxeitados o chamado "feismo".
Nos derradeiros anos, o progresivo abandono do campo, ben producindo distintos fenomenos, por un lado as formas libre da vexetación no territorio gañan terreo e as plantacións de especies foraneas como o eucalipto invaden zonas de pastos e incuso de cultivo é fanse omnipresentes en moitas das nosas paisaxes, e por outro, prodúcese o abandono de moitas aldeas e granxas coa ruína das súas construcións tradicionais. Pero o feismo esta a ser o maior perigo ao que se enfronta a nosa paisaxe coa destrucción da arquitectura popular e a invasion do medio rural.con usos e construcions inaxeitadas.
A palabra "feismo" como moitas outras etiquetas recolle fenomenos moi diversos. A sua orixe é moi variada : cultural, social, económica, educativa, legal, política,... En xeral, o termo utilizase para nomear calquera intervención inaxeitada é allea a armonía da nosa paisaxe e arquitectura tradicional.