2.2 - A cidade moderna
A revolución industrial modifica fondamente as nosas cidades que no seculo pasado multiplican a sua poboación. Moitos espazos e edificios de principios e mediados do seculo XX, son agora parte da imaxe das nosas cidades.
Praza de España, Ferrol
A cidade actual pode estar conformada por distintos barrios, que tamén adoitan ter edificios con diferentes tipoloxías e formas. O aspecto destes modernos barrios pode parecer mais repetitivo debido en moitos casos o seu uso unicamente residencial. Ainda que non adoitan presentar edificios simbólicos para a cidade, si que teñen múltiples espazos verdes, equipamentos e edificios singulares como: escolas, bibliotecas, centros sociais, centros de saúde…
Barrio de Caranza en Ferrol