2.3 - A imaxe da cidade na arte

No renacemento o arquitecto Brunelleschi descobre o uso e as regras básicas da perspectiva cónica o representar a praza da Siñoria en Florencia. Varios pintores de este período aplicaron e melloraron estas regras para conseguir o efecto da perspectiva na representación de espazos arquitectónicos e urbanos como: Paolo Uccello, Masaccio, Alberti, Leonardo da Vinci e Rafael. Neste momento a necesidade de representar os monumentos da antigüidade, e os novos espazos urbanos renacentistas da un novo pulo a representación pictórica da cidade cos seus espazos e edificios, aínda que na maioría dos casos como marco doutro motivo.

No neoclasicismo vaise a dar un novo pulo a representación arquitectónica e urbana, que continuará no romanticismo, con figuras en galicia como o xa mencionado Jenaro Pérez Villamil

Oleo de Jenaro Pérez Villamil (2)

No século XX a imaxe da cidade faise omnipresente na arte sendo abordada dende distintas correntes artisticas como o impresionismo, pasando polo futurismo, expresionismo ou a emerxente pintura americana focalizada en Nova York.

La Gran Via de Antonio Lopez (3)

 

En españa destaca a figura do hiperrealista Antonio Lopez que retrata maxistralmente o Madrid actual. En galicia cabe sinalar a figura do monfortino Roberto González Fernández con arquitecturas representadas de xeito moi realista pero utilizadas dentro de obras e composicions moi persoais e alegóricas.

 

1,2- Reproducción Wikimedia Commons 3- Reproducción Juan Diaz Almagro con licenza creative commons