1.1 - A arquitectura tradicional

A natureza e as construcións tradicionais intégranse dentro das nosas paisaxes rurais, xa que a arquitectura adaptase ao medio de forma ecolóxica. A vivenda e o resto das construcións que atopamos no rural galego están feitas con técnicas e materiais locais, en harmonía co seu medio, clima, tradicións e economía.

A integración da arquitectura na paisaxe galega, xurde do dialogo e simbiose entre os construtores tradicionais, os materiais e as posibilidades que ofrece o medio galego. As construcións tradicionais utilizan xeralmente a pedra xunto coa Madeira e a palla ou a tella para dar forma as distintas tipoloxías de vivendas, cuxa formalización varia segundo varia o medio e o clima.

A arquitectura tradicional é unha arquitectura anónima e sen autor. A súa forma ben determinada polo clima, polas distintas técnicas construtivas que se transmiten de forma tradicional e polas distintas actividades produtivas e residenciais as que deben dar resposta.

 

A xeito de lembranza, Sedes, Naron