1.2 - A paisaxe agraria
A Paisaxe agraria galega caracterízase pola diversidade de usos que se da ao campo e pola escasa dimensión do parcelario tradicional. Na nosa paisaxe xunto cas vivendas e pequenas aldeas atopamos os tres elementos básicos de explotación do medio: o campo cultivado, os pastos e o monte.
O campo cultivado e o espazo mais coidado posto que se
trata do terreo mais produtivo, e normalmente ocupa a parte baixa dos vales,
onde as terras son máis fértiles e profundas. No outro extremo, atoparíase o
monte, o espazo non cultivado, obxecto so
de aproveitamentos extractivos e menos coidado, e que normalmente estendese
cara ás partes altas dos vales e as montañas, e dedícase a madeira ou a
gandeira en liberdade.
O contacto destas superficies: o campo cultivado, os pastos e o montes, amósase inconstante na nosa paisaxe e varia coas distintas necesidades o longo do tempo