1.3 - A paisaxe na arte
O romanticismo supón unha ampliación da sensibilidade artística en moitos ámbitos. Neste momento, por primeira vez na historia da pintura, cobra protagonismo a paisaxe, que antes so era vista como un elemento secundario, e dicir, como un acompañamento ou un fondo dos retrato, e das pinturas históricas, mitolóxicas ou relixiosas. Neste período en Galicia destaca a figura do ferrolán Jenaro Pérez Villamil, que recolle nos seus debuxos diversas paisaxes tomadas do natural sobretodo das Rias Altas pero tamén de vilas e cidades como Mugardos. Pontedeume, Betanzos ou Santiago.
Perez Villamil, Paisaxe da Graña en Ferrol
Nembargantes, o período da pintura galega onde a paisaxe
rural vai a ter mais protagonismo é no
rexurdimento a finais do seculo XIX e principios do XX. Onde a nova Galicia artística
crea unha visión idealizada de todo tipo de paisaxes, celebracións, festas,
feiras rurais, arquitecturas tradicionais e pintorescas, monumentos…. Como di
Ana Vasco “ as sucesivas exposicións de 1917, fomentaban unha arte de franca afirmación
galega. Pero este xénero que se deu en chamar rexionalista, tería na pintura dúas
vertentes, unha anecdótica e outra con transfondo de critica social.” Debuxantes
coma Alfredo Souto, Carlos Sobrino, Pintos Fonseca ou Castelao tentan
representar o noso patrimonio, costumes e xentes, non como simples estampas
pintorescas, senón como un traballo de análise e catalogación moi amplo, onde
por exemplo no campo da arquitectura, analizase dende o monumental ata a
arquitectura popular, e dende aldeas e construcións tradicionais ata as nosas cidades coas suas
rúas e prazas.
O longo do século XX a pintura paisaxista tamén vai ter
moito pulo en movementos como o impresionismo, o fauvismo ou realismo.