Potenciando las diversiones
Esta situación de aprendizaxe ten como obxectivo principal que o alumnado de 6º de educación primaria coñeza, traballe e extrapole á súa vida cotiá as potencias e raíces cadradas, de forma manipulativa e vivencial, asociándoos en todo momento coa vida diaria.
Partindo do deseño da programación dunha acampada, o alumnado terá que organizar todo o necesario para poder levala a cabo, desde as tendas de campaña ata o menú semanal.
Ao longo das cinco fases da situación de aprendizaxe, trabállanse actividades en distintos formatos e niveis, para que sexan accesibles a todo o alumnado, tendo en conta en todo momento o deseño universal para a aprendizaxe (DUA).