Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso desenvolve á unidade 2 da programación didáctica de referencia  en PROENS para a materia de "Matemáticas" de 6º de EP. Está deseñado para realizar en 14 sesións no primeiro trimestre. A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización
Fase 1 ¡Nos vamos de excursión! 1.1. ¿A dónde llegarás? Sesións de motivación,  presentación do reto e a súa relación coa materia. Primeira reflexión no diario de aprendizaxe. 1 sesión
Fase 2 "Organizando las tiendas" 2.1. Visualiza las tablas
2.2. Uniendo fuerzas
2.3. Visualiza cuadrados
2.4. Cubicando
2.5. Reparto de tiendas
Sesións para recordar e utilizar os coñecementos xa adquiridos sobre o uso das regretas nas multiplicacións, os números cadrados e os números cúbicos; resolvendo actividades, tanto individuais como grupais e multinivel.  Reflexión sobre os coñecementos. Resolución de desafíos relacionados cos números cadrados e cos números cúbicos. Segunda reflexión individual e grupal no diario de aprendizaxe. 3 sesións
Fase 3 ¡Campamento a la vista! 3.1. ¿Te cuadra?
3.2. ¿Qué son las potencias?
3.3. Buscando la raíz
3.4. Ponte un 10
3.5. Una paradita...
3.6. Cálculos locos
3.7. Baraja tus cartas
Adentrámonos nas potencias cadradas e a súa relación coas raíces cadradas; nas potencias cúbicas e nas potencias de base 10. Así mesmo, relacionamos os contidos coa resolución e invención de problemas da vida cotiá. Propóñense actividades variadas, con exercicios, pequenos retos e resolución de problemas. Algunhas son individuais, en equipo ou multiniveladas. Engádense pequenas explicacións dos contidos en forma de infografías. Desafíos relacionados coas potencias. Terceira reflexión individual e grupal no diario de aprendizaxe. 8 sesións
Fase 4 Presentamos nuestra acampada Presentamos nuestra acampada Preséntanse as actividades do reto a través dun plan de traballo,  As actividades son grupais. Cuarta reflexión individual e grupal do diario de aprendizaxe. 1 sesión
Fase 5 Finalizamos nuestro viaje Finalizamos nuestro viaje Nesta última fase lévase a cabo a exposición e avaliación do reto final. Engádese unha rúbrica para a avaliación do traballo. Engádese unha rúbrica de coavaliación do reto final. Última reflexión individual e grupal do diario de aprendizaxe. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)