Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria. O seu deseño parte da programación modelo de Proens (versión 2, 01/07/2024), a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta.

A proposta de recursos cREAgal para esta área configura unha secuencia de nove REA que cobren integramente o currículo da área, establecéndose unha correlación directa coas nove unidades didácticas da programación modelo de Proens.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Los números y nuestra biblioteca" UD1: Os números naturais e a biblioteca CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 1º trimestre
REA 2: "Potenciando las diversiones" UD2: As potencias CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA6.6, CA6.7 12% 1º trimestre
REA 3: "Minichefs" UD3: Unha aventura espacial CA1.1, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.6, CA6.1, CA6.8 12% 1º trimestre
REA 4: "Viaje de fin de curso" UD4: Os números enteiros CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA4.3, CA4.4, CA4.5, CA4.9, CA6.4 12% 2º trimestre
REA 5: "Nuestra fiesta de primavera" UD5: Coas mans na masa: elaboramos receitas. CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.8, CA1.9, CA4.4, CA4.8, CA6.3, CA6.6 12% 2º trimestre
REA 6: "Diseña tu moda" UD6: Proporcionalidade e porcentaxes CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA1.7, CA4.3, CA4.4, CA6.5 10% 2º trimestre
REA 7: "Ruta matemática por Galicia" UD7: Medidas: lonxitude, capacidade, masa e tempo. CA1.2, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA2.8, CA4.2, CA6.2 10% 3º trimestre
REA 8: "Arte-Metría" UD8: O plano e as figuras xeométricas CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA3.7, CA3.8, CA6.3, CA6.7, CA6.8. 10% 3º trimestre
REA 9: "Compras con estrategia" UD9: Estatística CA1.3, CA4.7, CA5.1, CA5.2, CA5.3, CA5.4, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA5.8, CA6.1, CA6.6 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada nos eixes da área de Matemáticas de 6º curso de educación primaria:

  • Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
  • Resolver situacións problemáticas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
  • Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
  • Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
  • Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
  • Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrito, gráfico, multimodal e a terminoloxía matemática apropiada, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
  • Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
  • Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Esta situación de aprendizaxe relaciónase directamente cos seguintes Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • ODS 3: Saúde e benestar.
  • ODS 12: Produción e consumo responsable.
  • ODS 13: Acción polo clima.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Matemáticas" de 6º de Primara (curso 23-24), contextualízase na unidade didáctica 2.

Contidos Bloque da materia

C1.2 - Cantidade

  • C1.2.4 - Composición, descomposición e recomposición de forma manipulativa, gráfica e simbólica de números naturais e decimais ata as milésimas, con investigación de propiedades e relacións, explicación do proceso e interpretación do valor posicional das cifras.

C1.3 - Sentido das operacións

  • C1.3.3 - Procesos na resolución de problemas: interpretación e representación da situación, determinación de datos útiles, formulación de hipótese de resolución e proposta de plan, contraste e argumentación de puntos de vista, simbolización, elaboración, revisión do proceso, expresión da solución de forma clara, ordenada e coas unidades correctas, verificación e interpretación en contexto dos resultados obtidos con explicitación do proceso seguido.
  • C1.3.6 - Uso de calculadora como recurso para a autocorrección de resultados de operacións realizadas en problemas unha vez establecida a idoneidade do proceso, para a investigación de patróns e propiedades numéricas e como procedemento útil en cálculos complexos.
  • C1.3.7 - Construción e representación de cadrados, cubos e potencias de base 10 como produto de factores iguais, investigación de patróns e propiedades, como introdución ás potencias, medidas de superficie e volume.

C1.4 - Relacións

  • C1.4.1 - Sistema de numeración de base dez para a súa aplicación na comprensión do valor posicional das cifras dos números naturais e decimais (ata as milésimas) e as súas equivalencias; aplicación nas relacións que xera nas operacións.
  • C1.4.4 - Estratexias manipulativas e gráficas para establecer relacións entre as operacións aritméticas de suma e multiplicación, suma e resta, resta e división, multiplicación e división, multiplicación e potencia, fracción e división; aplicación en contextos cotiáns.
Bloque 1

C4.2 - Modelo matemático

C4.2.1 - Resolución de problemas da vida cotiá seguindo un modelo matemático con debuxos, esquemas, diagramas, manipulables, dramatizacións, guión de preguntas para a interpretación do enunciado, recoñecemento de datos útiles, elaboración e contraste de hipótese, procura do plan de acción, perseveranza na solución, simbolización e realización dos cálculos, comprobación de solucións, expresión clara e correcta do resultado, revisión da súa idoneidade, rectificación se é necesaria e explicación do realizado.

C4.3 - Relacións e funcións

C4.3.1 - Comparación de números, operacións e as súas propiedades con explicación das relacións de igualdade e desigualdade no contexto cotián e uso adecuado da simboloxía (=, >).

Bloque 4

C6.1 - Crenzas, actitudes e emocións

  • C6.1.5 - Realización de investigacións matemáticas individuais ou en equipo para fomentar a curiosidade, o interese, a iniciativa na súa aprendizaxe, a organización de ideas, o tratamento da información e a formulación e comprobación de conxecturas.
  • C6.1.7 - Os enigmas, desafíos, procura de pistas, xeroglíficos, xogos de codificación e decodificación, pasatempos e retos matemáticos para incrementar a creatividade, o descubrimento, a curiosidade e gusto polas matemáticas.
Bloque 6

Obxectivos da materia traballados específicamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Interpretar situacións da vida cotiá proporcionando unha representación matemática destas mediante conceptos, ferramentas e estratexias, para analizar a información máis relevante.
OBX 2 Resolver situacións problematizadas, aplicando diferentes técnicas, estratexias e formas de razoamento, para explorar distintas maneiras de proceder, obter solucións e asegurar a súa validez desde un punto de vista formal e en relación co contexto exposto.
OBX 3 Explorar, formular e comprobar conxecturas sinxelas ou formular problemas de tipo matemático en situacións baseadas na vida cotiá, de forma guiada, recoñecendo o valor do razoamento e a argumentación, para contrastar a súa validez, adquirir e integrar novo coñecemento.
OBX 4 Utilizar o pensamento computacional, organizando datos, descompoñendo en partes, recoñecendo patróns, xeneralizando e interpretando, modificando e creando algoritmos de forma guiada, para modelizar e automatizar situacións da vida cotiá.
OBX 5 Recoñecer e utilizar conexións entre as diferentes ideas matemáticas, así como identificar as matemáticas noutras áreas ou na vida cotiá, interrelacionando conceptos e procedementos, para interpretar situacións e contextos diversos.
OBX 6 Comunicar e representar, de forma individual e colectiva, conceptos, procedementos e resultados matemáticos, utilizando a linguaxe oral, escrito, gráfico, multimodal e a terminoloxía matemática apropiados, para dar significado e permanencia ás ideas matemáticas.
OBX 7 Desenvolver destrezas persoais que axuden a identificar e xestionar emocións ao enfrontarse a retos matemáticos, fomentando a confianza nas propias posibilidades, aceptando o erro como parte do proceso de aprendizaxe e adaptándose ás situacións de incerteza, para mellorar a perseveranza e gozar na aprendizaxe das matemáticas.
OBX 8 Desenvolver destrezas sociais, recoñecendo e respectando as emocións, as experiencias das e dos demais e o valor da diversidade, participando activamente en equipos de traballo heteroxéneos, mixtos e diversos con roles asignados, para construír unha identidade positiva como estudante de matemáticas, fomentar o benestar persoal e crear relacións saudables.

Competencias clave e os descritores operativos traballados no REA:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL - Competencia en comunicación lingüística CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
STEM - Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría STEM1, STEM2, STEM3, STEM4, STEM5
CD - Competencia dixital CD1, CD2, CD3
CPSAA - Competencia persoal, social e de aprender a aprender CPSAA1, CPSAA2, CPSAA3, CPSAA4, CPSAA5
CC - Competencia cidadá CC1, CC2, CC3, CC4
CE - Competencia emprendedora CE1, CE3
CCEC - Competencia en conciencia e expresión culturais CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)