Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Recursos materiais necesarios

Os materiais necesarios para levar a cabo este REA, son:

  • Regretas Cuisenaire.
  • Outro material manipulable como, por exemplo, policubos.
  • Material funxible: lapis, ceras de cores, cadernos ou folios, cartolinas...
  • Equipos informáticos.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Para a realización das actividades grupais, propoñemos que se fagan grupos de 3-4 alumnos e alumnas, nos que cada integrante adquira un rol determinado. Deste xeito, poderemos levar a cabo distintas técnicas de traballo cooperativo, co fin de que se fomente a empatía, o respecto pola opinión dos demais compañeiros e compañeiras, a toma de decisións e a resolución pacífica de conflitos.

Produtos finais

Como reto final proponse participar na organización dunha acampada a través de desafíos que máis tarde formarán parte dunha presentación creada polo alumnado mediante traballo colaborativo. A organización incluirá desde o repartimento das tendas e do espazo onde distribuílas, ata o menú semanal de comidas, pasando pola realización de diferentes actividades concretas que será preciso realizar.

O produto final consiste na creación dunha presentación que recollerá todos os elementos organizativos traballados ao longo do reto. O produto pode presentarse en distintos soportes: papel, dixital...

Finalmente farase unha exposición das mesmas.

Enfoque multinivel do reto

Ao longo de toda a situación de aprendizaxe inclúese unha serie de tarefas e actividades variadas e adaptadas a diferentes niveis, para que o alumnado poida escoller.

Para o produto final do reto, o alumnado pode elaborar a súa presentación en distintos soportes (papel, dixital...) e cun número variable de elementos, o que garante a posibilidade de abordalo seguindo diferentes camiños.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)