Potenciando las diversiones
Este REA (Recurso Educativo Aberto) ten como obxectivo principal que o alumnado de 6º curso de educación primaria coñeza e aplique as potencias e as raíces cadradas. Aprenderá a calcular o cubo e o cadrado dun número, e as potencias de base 10 nun contexto amigable, unha saída escolar.
Como reto final proponse participar na organización dunha acampada a través de desafíos que máis tarde formarán parte dunha presentación creada polo alumnado mediante traballo colaborativo. A organización incluirá desde o repartimento das tendas e do espazo onde distribuílas, ata o menú semanal de comidas, pasando pola realización de diferentes actividades concretas que será preciso realizar.
As metas a acadar nesta situación de aprendizaxe son:
- Coñecer o concepto de potencia e que indica a base e o expoñente.
- Visualizar distintas técnicas de organización de números das táboas de multiplicar, facendo fincapé nos cadrados.
- Seleccionar unha estratexia para resolver problemas empregando potencias e raíces cadradas.
- Conectar os coñecementos previos cos novos.
- Formular novos problemas sobre situacións cotiás que se resolvan matematicamente.
- Empregar a calculadora para a resolución de problemas relacionados con potencias e raíces cadradas.