Unha paradiña antes de comenzar
O REA "Que fixo por nós a poboación romana?" ten coma finalidade ensinar a Historia de Roma, facendo que o alumnado traballe dende un enfoque competencial e dentro da súa realidade, construíndo unha situación de aprendizaxe relacionada co seu centro educativo
Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, por canto se presentan diferentes versións da información, accesibles a alumnado con distintos graos de dificultade. Do mesmo xeito propóñense actividades multinivel que permitan atender á diversidade do alumnado.
Pretendemos que alumnado coñeza e comprenda os contidos traballados e que logo sexa capaz de aplicar correctamente eses coñecementos para superar un reto final consistente na elaboración de presentacións, pósters ou material audiovisual, nos que se recollan as solucións propostaas para os interrogantes que se abordan no Reto.
Así pretendemos que o profesorado que queira utilizar este recurso na aula teña unha nova posibilidade e enfoque educativo, presentando unha situación motivadora para a aprendizaxe de aspectos básicos da Historia.