Criterios de avaliación e mínimos de consecución
Táboa na que se recollen os criterios de avaliación, os mínimos de consecución que se contemplan para cada criterio, os instrumentos de avaliación previstos e a súa ponderación (en base á proposta de PROENS):
| Códigos CA | Criterios de avaliación (CA) | Mínimos de consecución | Instrumentos de avaliación |
Unidade didáctica (PROENS) |
% (Orientación de PROENS) |
|---|---|---|---|---|---|
| CA2.7 | Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal. | Describe e identifica as características básicas da civilización romana | PE (non incluída no REA) | 10 | 70% |
| CA2.8 | Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal. | Entende a influencia de Roma na conformación da identidade europea | PE (non incluída no REA) | 10 | |
| CA1.1 | Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de informacións relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado. |
Elaborar unha liña temporal É quen de identificar as características básicas de obras clave propostas |
PE (non incluída no REA), TI | 10 e 12 | 30% |
| CA1.4 | Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a comprensión dos fenómenos e problemas abordados | Atopa na súa contorna pegadas da civilización romana | TI | 10 | |
| CA2.3 | Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos históricos, contrastando e valorando fontes diversas. | Responde preguntas sobre textos históricos |
TI | 10 | |
| CA2.4 | Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga, valorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia. | Atopa na súa contorna pegadas da civilización romana | TI | 10 | |
| CA3.4 | Mostrar actitudes pacíficas e respectuosas e asumir as normas como marco necesario para a convivencia, demostrando capacidade crítica e identificando e respondendo de maneira asertiva ante as situacións de inxustiza e desigualdade. | Coñece e interpreta criticamente a situación das mulleres e dos escravos en Roma | TI | 10 | |
| CA3.7 | Valorar, protexer e conservar o patrimonio artístico, histórico e cultural como fundamento da identidade colectiva local, autonómica, nacional, europea e universal, considerándoo un ben para o gozo recreativo e cultural e un recurso para o desenvolvemento dos pobos. | Recoñece o valor patrimonial da arte conservada e a importancia da súa conservación | TI | 12 | |
| Lenda: %: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores | |||||
O resultado final da aplicación destes criterios de avaliación e cualificación, deberanse ponderar sobre a parte da porcentaxe que representan na programación PROENS as unidades didácticas que engloban este REA (unidade 10 e unidade 12).
| Unidad didáctica (PROENS) | Criterio de cualificación |
% (Orientación de PROENS) |
Total | Peso do REA en relación ao total da Programación PROENS para ponderación na avaliación. |
|---|---|---|---|---|
| 10 | Proba escrita (non incluída no REA) | 25% | 70% |
15% (Unidade 12 = 5% + Unidade 10 = 10%) |
| 10 | Proba escrita (non incluída no REA) | 20% | ||
| 10 e 12 | Proba escrita (non incluída no REA) | 25% | ||
| 10 | Táboa de indicadores | 5% | 30% | |
| 10 | Táboa de indicadores | 5% | ||
| 10 | Táboa de indicadores | 5% | ||
| 10 | Táboa de indicadores | 5% | ||
| 12 | Táboa de indicadores | 5% | ||
| 12 | Táboa de indicadores | 5% |