Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este recurso está pensado para realizar en 16 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 1º de ESO, englóbase no terceiro trimestre coas unidades 10 e 12.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. Roma

(Mobilizar)

1 Roma e o seu imperio

Sesión de motivación e presentación da tarefa.

1 sesión

2. Que sabemos?

(Activar e recordar)

2. Que sabemos? Sesión de revisión e activación de coñecementos previos. 2 sesión
3. Conexión (Explorar, revisar e estruturar) 3. Conexión

Sesións con actividades informativas e interactivas sobre a historia de Roma dende a perspectiva do "aprender pensando". O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe actividades interactivas multinivel e opcións. Están deseñadas para a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento.

6 sesións

4 Reto final

(aplicar e comprobar)

4. Reto final

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos. 5 sesións

5 Conclusións

(Concluír e comunicar)

5. Conclusións

Sesión vinculada á síntese dos resultados obtidos nos retos da fase 5, autorreflexión individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e comunicación dos resultados aos compañeiros e compañeiras. 2 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)