Saltar navegación

1. Descrición xeral

Roma

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir ao alumnado na historia de Roma. Na situación de aprendizaxe o alumnado terá que expoñeras pegadas que na nosa sociedade deixou a etapa histórica.

As metas de aprendizaxe son:

  • Situar o nacemento e desenvolvemento de distintas civilizacións e situalas no espazo e no tempo, integrando os elementos históricos, culturais, institucionais e relixiosos que as conformaron, explicando a realidade multicultural xerada ao longo do tempo e identificando as súas achegas máis relevantes á cultura universal.
  • Relacionar as culturas e civilizacións que se desenvolveron ao longo da historia antiga, coas diversas identidades colectivas que se foron construíndo ata a actualidade, reflexionando sobre os múltiples significados que adoptan e as achegas de cada unha delas á cultura humana universal.
  • Elaborar, expresar e presentar contidos propios en forma de esquemas, táboas informativas e outros tipos de  formato mediante o desenvolvemento de estratexias de procura, selección e tratamento de informacións relativas a procesos e acontecementos relevantes do presente e do pasado.
  • Adquirir e construír coñecemento relevante do mundo actual e da historia, a través de procesos indutivos, da  investigación e do traballo por proxectos, retos ou problemas, mediante a elaboración de produtos que reflictan a  comprensión dos fenómenos e problemas abordados.
  • Argumentar de forma crítica sobre problemas de actualidade a través de coñecementos históricos, contrastando e valorando fontes diversas.
  • Identificar e interpretar a conexión de España e Galicia cos grandes procesos históricos da época antiga,  alorando o que supuxeron para a súa evolución e sinalando as achegas dos seus habitantes ao longo da historia.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)