Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Analízanse a Historia de Roma, a súa sociedade e Arte dende unha perspectiva integradora e holística.

Ademais, o REA está pensado para traballar de xeito transversal algúns dos ODS da Axenda 2030, como: -Saúde e benestar (obxectivo 3)-, -Educación de calidade (obxectivo 4)-, -Igualdade de xénero (obxectivo 5), -Redución das desigualdades (obxectivo 10)- ou -Paz, xustiza e institucións sólidas (obxectivo 16).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA serve para traballar as unidades 10 e 12 da proposta de programación didáctica

Contidos Bloque da materia
  • Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais.
    Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. Uso seguro das redes de comunicación.
    Lectura crítica de información.
Bloque 1
  •  Violencia e conflitos armados. O crecemento dos exércitos e a evolución do armamento desde os hoplitas. Os civís
    durante as guerras.
  • Complexidade social e nacemento da autoridade. Desigualdade social e disputa polo poder na Prehistoria e a
    Antigüidade. O caso galego desde a sociedade castrexa ao reino suevo.
  • As persoas invisibilizadas da historia: mulleres, escravos e estranxeiros. Marxinación, segregación, control e
    submisión na historia da humanidade. Personaxes femininos na historia. A resistencia á opresión
  • A organización política do ser humano e as formulacións estatais no mundo antigo: democracias, repúblicas,
    imperios e reinos. Evolución da teoría do poder.
  • As raíces clásicas da cultura occidental. A construción das identidades culturais, da idea de Europa, e do
    eurocentrismo, a través do pensamento e da arte. A influencia das civilizacións xudía e islámica na cultura
    europea.
  • O papel da relixión na organización social, a lexitimación do poder e a formación de identidades: politeísmo,
    monoteísmo e o xurdimento das grandes relixións.
  • A transformación humana do territorio e a distribución desigual dos recursos e do traballo. Evolución dos sistemas
    económicos, dos ciclos demográficos, dos modos de vida e dos modelos de organización social. A loita pola
    supervivencia e o status social na Prehistoria e na Antigüidade.
  • Interpretación do territorio e da paisaxe. A cidade e o mundo rural ao longo da historia: polis, urbes, cidades, vilas
    e aldeas. A pegada humana e a protección do patrimonio ambiental, histórico, artístico e cultural.
  • España e Galicia no tempo e a súa conexión cos grandes procesos da historia da humanidade. O legado histórico e
    o acervo cultural na formación das identidades colectivas.
Bloque 2
  • Alteridade: respecto e aceptación «do outro». Comportamentos non discriminatorios e contrarios a calquera
    actitude diferenciadora e segregadora.
  • Seguridade viaria e mobilidade segura, saudable e sustentable. O espazo público
  • Conservación e defensa do patrimonio histórico, artístico e cultural.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX 1
Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX 2
Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX 3
Coñecer os principais desafíos aos cales se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas a que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX 5
Analizar de forma crítica formulacións históricas e xeográficas explicando a construción dos sistemas democráticos e os principios constitucionais que rexen a vida en comunidade, así como asumindo os deberes e dereitos propios do noso marco de convivencia, para promover a participación cidadá e a cohesión socia
OBX 6
Comprender os procesos xeográficos, históricos e culturais que conformaron a realidade multicultural na que vivimos, coñecendo e difundindo a historia  e  a  cultura das minorías étnicas presentes no noso país, e valorando a achega dos movementos en defensa da igualdade e a inclusión, para reducir estereotipos, evitar calquera tipo de discriminación e violencia, e recoñecer a riqueza da diversidade.
OBX 7
Identificar os fundamentos que sosteñen as diversas identidades propias e as alleas, a través do coñecemento e posta en valor do patrimonio material e inmaterial que compartimos para conservalo e respectar os sentimentos de pertenza, así como para favorecer procesos que contribúan á cohesión e solidariedade territorial no tocante aos valores do europeísmo e da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

A continuación, inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP 3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM 3, STEM 4, STEM 5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA2
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
 Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)