Saltar navegación

3. Guía de uso

Sobre este REA

O REA “Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos” ten como finalidade introducir os principios básicos da xeolocalización, o manexo elemental da cartografía e os aspectos fundamentais das formas do relevo. O alumnado traballará estes contidos cun enfoque competencial, práctico e significativo, mediante unha situación de aprendizaxe vinculada á súa contorna máis próxima.

A estrutura do REA está deseñada seguindo os principios do DUA, ofrecendo a información en diferentes formatos e favorecendo que cada estudante poida acceder aos contidos segundo as súas características, intereses e necesidades. Así mesmo, propóñense actividades multinivel que facilitan unha resposta inclusiva á diversidade presente na aula.

Preténdese que o alumnado comprenda os contidos e saiba aplicalos nun reto final: a elaboración dunha guía de viaxe. Este produto final funciona como elemento motivador ao longo de toda a unidade, permitindo ao alumnado tomar decisións, organizar información e comprobar que pode planificar unha viaxe con sentido e autonomía.

Con este enfoque, ofrécese ao profesorado un recurso que amplía as posibilidades didácticas na aula e que promove unha aprendizaxe motivadora sobre aspectos básicos da xeografía, como a xeolocalización, a cartografía e as formas do relevo, sempre desde unha perspectiva accesible, inclusiva e conectada coa experiencia do alumnado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)