Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Xeografía e Historia en 1º da ESO. O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens versión 1 publicada na plataforma dende 2022 ata xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

A proposta de REA de cREAgal organiza as unidades didácticas, ou partes delas, en diversos recursos, creando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa contempla un total de oito REA.

No caso da UD 4, esta divídese en dúas partes que se desenvolven en dous REA distintos, ambos situados no primeiro trimestre, polo que o reparto é axeitado e mantén a coherencia temporal prevista.

O REA 3 integra as UD 3 e 5, programadas na proposta Proens no primeiro e segundo trimestre respectivamente. A súa realización coincidirá co cambio de trimestre, polo que a distribución é viable e encaixa dentro da secuencia global do curso. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso Materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos" UD1 O planeta Terra e a súa representación
UD4 Os medios naturais (primeira parte)
CA1.3, CA1.6, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 2: "Sol, auga e plantas" UD2 Climas da Terra
UD4 Os medios naturais (segunda parte)
CA1.3, CA1.7, CA2.1, CA3.3 12,5% 1º trimestre
REA 3: "Un planeta en apuros" UD3 Emerxencia climática
UD5 O impacto humano sobre o medio natural
CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.8, CA2.3, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.8 10% 1º e 2º trimestre
REA 4: "Expoñendo a prehistoria" UD6 As sociedades prehistóricas CA1.1, CA2.2, CA2.3, CA2.5, CA2.6 10% 2 trimestre
REA 5: "Na procura das civilizacións perdidas" UD7 A Antigüidadade en Asia e África
UD8 A civilización Exipcia
CA1.1, CA2.5, CA2.6, CA2.7, CA3.5, CA3.7 20% 2º trimestre
REA 6: "Roubo no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas" UD9 A Hélade CA1.1, CA1.8, CA2.2, CA2.7, CA2.8, CA3.6 10% 3º trimestre
REA 7: "Que fixeron os romanos por nós?" UD10 Roma
UD12 As expresións artísticas na Antigüidade
CA1.1, CA1.4, CA2.3, CA2.4, CA2.7, CA2.8, CA3.4, CA3.7 15% 3º trimestre
REA 8: "Gallaecia 2.0: do Imperio Romano ao Reino Suevo" UD11 Os pobos bárbaros CA1.1, CA1.3, CA1.5, CA2.4, CA3.5 10% 3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

  • O traballo sobre a información e as súas fontes a través de recursos variados.
  • A contextualización das aprendizaxes na contorna local e global.
  • O interese polos obxectivos de desenvolvemento sostible.
  • O uso de técnicas de representación do espazo e de vocabulario xeográfico que permita comunicar resultados dunha procura sinxela.
  • O exercicio da solidariedade, a cohesión social e a coeducación en igualdade mediante o traballo grupal.

Obxectivos ODS vinculados ao REA: 4 (Educación de calidade), 5 (Igualdade de xénero), 15 (Vida de ecosistemas terrestres) e 17 (Alianzas para acadar obxectivos).

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA está baseado na programación didáctica que PROENS propón para a materia de Xeografía e Historia de 1º de ESO.

O material recolle contidos do bloque 1: os da totalidade da Unidade 1 (O planeta Terra e a súa representación) e os da primeira parte da unidade 4 (Os medios naturais).

Contidos Bloque da materia
  • Localización espacial: representación do espazo, orientación e escalas. Utilización de recursos dixitais e interpretación e elaboración de mapas, esquemas, imaxes e representacións gráficas. Tecnoloxías da información xeográfica (TIX).
  • Tecnoloxías da información. Manexo e utilización de dispositivos, aplicacións informáticas e plataformas dixitais. Procura, tratamento da información e elaboración de coñecemento. Uso seguro das redes de comunicación. Lectura crítica de información.
  • Sociedade do coñecemento. Introdución aos obxectivos e estratexias das Ciencias Sociais e ao uso dos seus procedementos, termos e conceptos. Uso de plataformas dixitais.
Bloque 1
  • Métodos básicos de investigación para a construción do coñecemento da Xeografía e a Historia. Metodoloxías do pensamento xeográfico e do pensamento histórico.
Bloque 2
  • Conciencia ambiental. Respecto, protección e coidado dos seres vivos e do planeta.
Bloque 3

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA

Obxectivos Descrición
OBX1 Buscar, seleccionar, tratar e organizar información sobre temas relevantes do presente e do pasado, usando criticamente fontes históricas e xeográficas, para adquirir coñecementos, elaborar e expresar contidos en varios formatos.
OBX2 Indagar, argumentar e elaborar produtos propios sobre problemas xeográficos, históricos e sociais que resulten relevantes na actualidade, desde o local ao global, para desenvolver un pensamento crítico, respectuoso coas diferenzas, que contribúa á construción da propia identidade e a enriquecer o acervo común.
OBX3 Coñecer os principais desafíos aos que se enfrontaron distintas sociedades ao longo do tempo, identificando as causas e consecuencias dos cambios producidos e os problemas aos que se enfrontan na actualidade, mediante o desenvolvemento de proxectos de investigación e o uso de fontes fiables, para realizar propostas que contribúan ao desenvolvemento sustentable.
OBX4 Identificar e analizar os elementos da paisaxe e a súa articulación en sistemas complexos naturais, rurais e urbanos, así como a súa evolución no tempo, interpretando as causas das transformacións e valorando o grao de equilibrio existente nos distintos ecosistemas, para promover a súa conservación, mellora e uso sustentable.

Competencias clave e os descritores operativos traballados

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia matemática, en ciencia, tecnoloxía e enxeñería (STEM)  STEM3,STEM4, STEM5
Competencia dixital (CD) CD1, CD2
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA2, CPSAA3
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL2, CCL3
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2, CC3, CC4
Competencia emprendedora (CE) CE1, CE3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)