Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxecto cREAgal

Este REA está inxerido dentro do proxecto cREAgal que está pensado para crear e ofrecerlle aos docentes recursos educativos en aberto. 

Como cremos que os alumnos e alumnas aprenden mellor cando teñen un papel protagonista no proceso de aprendizaxe, este REA está confeccionado seguindo unha metodoloxía activa e participativa, baseada nos seguintes aspectos:

·         Primarase a flexibilidade e para tal finalidade proporanse actividades multinivel, cun enfoque metodolóxico personalizado.

·         O alumnado serán parte activa no proceso de ensinanza-aprendizaxe e converteranse no auténtico centro deste.

·         Fomentarase polo tanto a autonomía dos estudantes e a súa capacidade de auto-aprendizaxe (aprender a aprender).

·         A aprendizaxe será:

- significativa pois a estrutura dos coñecementos previos condiciona os novos.

- primordialmente práctica e estará baseada na resolución de problemas (retos).

- funcional, con aplicación a situacións reais e conectadas coa contorna do alumnado.

·         Os contidos traballaranse dun xeito operativo, práctico e comprensible, contextualizados na situación de aprendizaxe proposta.

·         Favorecerase a adquisición de coñecementos relacionados entre si, abordados cun enfoque multicausal e favorecendo as estratexias interdisciplinares.

·         Traballarase tanto de maneira individual como colectiva, promovendo a reflexión persoal por un lado e as dinámicas grupais de intercambio de ideas e aprendizaxe colaborativo polo outro.

·         Terase en conta en todo momento unha perspectiva coeducativa, na que as nenas estean nun plano de igualdade cos nenos, especialmente nas dinámicas de participación grupal.

·         Fomentarase o emprego das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

·        Empregaranse estratexias para traballar transversalmente os aspectos máis variados, dende a comprensión lectora ata a competencia dixital.

·         Todo o proceso contará cunha retroalimentación e avaliación permanente.

·         Respectaranse os diferentes ritmos de aprendizaxe e a diversidade do alumnado (DUA).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)