Camiñamos, aprendemos e non nos perdemos
Estamos ante un REA (Recuso Educativo Aberto) pensado e realizado para aproximar ao alumnado de 1º de ESO ao coñecemento básico do planeta Terra. A través do reto, textos e das actividades propostas, os alumnos e alumnas poderán achegarse ao coñecemento dos movementos da Terra e da súa representación, poderán aprender a localizar un punto no espazo mediante o emprego das coordenadas xeográficas e tamén terán ocasión de coñecer as formas do relevo terrestre, a súa formación e a súa transformación.