Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está pensada para realizar en 15 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de "Xeografía e Historia" de 1º de ESO,  englóbase no  primeiro trimestre.

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. Arrancamos!

(Mobilizar)

Arrancamos! Sesión de motivación e presentación da tarefa. 1 sesión

2. Que sabemos?

(Activar e recordar)

Non te atopo, onde estás?

A Terra non para

Sesións de revisión e activación de coñecementos previos. 3 Sesións

3. Conexión

(Explorar, revisar e estruturar)

Para chegar mapas has de levar


Subindo, baixando imos camiñando


Canta variedade!

Sesións con actividades informativas e interactivas sobre a cartografía, os mapas e a orixe e formas do relevo. Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva de “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe actividades interactivas multinivel deseñadas para facilitar a comprensión dos contidos introducidos e preparar ao alumnado para a resolución do reto formulado na situación de aprendizaxe, nun proceso que fomenta a súa autonomía e capacidade de autoaprendizaxe.

5 Sesións

4. Reto final

(Aplicar e comprobar)

Reto final

Sesións dirixidas á realización do reto proposto, consistente na elaboración dunha guía de viaxe na que o alumnado debe activar e aplicar a situación real os coñecementos adquiridos nas fases previas da unidade.

5 sesións

5. Conclusións

(Concluír e comunicar)

Imos rematando

Sesión dedicada á exposición da aula do produto final por parte dos distintos grupos de traballo, e posta en común das valoracións sobre o aprendido.

1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)