Saltar navegación

Créditos e descarga

logo creagal

Título Guía didáctica do recurso “Onde vai a nosa cultura?”
Descrición

Este recurso é a guía para que o profesorado coñeza as recomendacións de uso na aula do recurso “Onde vai a nosa cultura?” da materia Lingua e Literatura Galega de 6º de Educación Primaria.

Ten a súa correspondencia coa unidade didáctica 5 facilitada en Proens pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Nesta situación de aprendizaxe o alumnado deberá elaborar unha cápsula do tempo na que recollerá todo o que pode ser considerado cultura na súa contorna. Para isto traballará con recursos e materiais de persoeiros destacados nos diferentes eidos da cultura galega.

Persoas elaboradoras

María Rodríguez Alonso, Sara Vilar Fernández, Noelia Villaverde Rodríguez

Organización

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Licenza Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

Versión

 Versión Data de publicación
Notas sobre a versión
1.0 Xullo 2025 Primeira versión.
1.1
Febreiro 2026 Mellora do contido e corrección de erros. Versión desenvolvida polo equipo de persoas asesoras do proxecto cREAgal (Servizo de Innovación e Programas Educativos).

Aquí tes o ficheiro fonte para editar este REA

  • Segue estes pasos para usar/redistribuír/modificar este REA:

1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.

2. Modifícao usando eXeLearning.

3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal.

4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).

Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:

Este REA é unha adaptación do recurso orixinal «Guía didáctica: "Onde vai a nosa cultura?"» do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo licenza CC BY-NC-SA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)