Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Lembramos que os criterios de avaliación que aquí se amosan son os que conteñen a unidade didáctica 5 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)

CA2.3 - Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos.

Constrúe poemas con sentido completo e rima axeitada. Táboa de indicadores UD 5 7

CA3.4 - Analizar, de maneira progresivamente autónoma, o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura.

Analiza a métrica e a rima dun poema recoñecendo as estrofas. Proba escrita UD 5 9
CA4.5 - Ler de maneira autónoma textos de diversas fontes, autores e autoras da literatura galega, axustados aos seus gustos e intereses avanzando na construción da súa identidade lectora. Participa activamente nos comentarios de
obras literarias en verso.
Táboa de indicadores UD 5 7

CA4.6 - Compartir oralmente a experiencia de lectura participando, de forma autónoma, en comunidades lectoras de ámbito escolar.

Expresa en grupo a súa valoración
persoal sobre os poemas propostos.
Táboa de indicadores UD 5 7

CA5.2 - Compartir a experiencia de lectura, en soportes diversos, participando en comunidades lectoras no ámbito escolar ou social.

Expresa preferencias temáticas ou de
autor en foros literarios de poesía.

Táboa de indicadores UD 5 7
CA5.3 - Valorar os textos literarios en calquera lingua e a literatura en xeral e especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como fonte de lecer e información. Expresa un gusto correcto pola literatura
en calquera das súas facetas.
Táboa de indicadores UD 5 7

CA5.4 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecasda aula, do centro e as virtuais, como escenario de actividades literarias compartidas. 

Utiliza momentos na biblioteca para
comentar lecturas coas compañeiras e
cos compañeiros amosando as súas
preferencias.
Táboa de indicadores UD 5 7

CA5.5 - Incorporar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar. 

Participa activamente en lecturas
expresivas líricas ou dramáticas.

Táboa de indicadores UD 5 8

CA5.6 - Escoitar e ler textos literarios adecuados á súa idade, que recollan diversidade de autores e autoras, especialmente da literatura galega, relacionándoos en función dos temas e de aspectos elementais de cada xénero literario, e interpretándoos, e relacionándoos con outras manifestacións artísticas ou culturais de maneira acompañada.

Recoñece a mensaxe e a intención en
cancións e versos recitados.
Táboa de indicadores UD 5 8

CA5.7 - Producir, de maneira progresivamente autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, reelaborando con creatividade os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas.

Produce textos para cancións ou recitado
con acompañamento musical (regueifa,
rap...) a partir dunha base rítmica.
Proba escrita UD 5 9

CA5.8 - Recoñecer e interpretar recursos básicos da linguaxe literaria e diferenza das principais convencións formais dos xéneros.

Analiza un texto poético identificando o
sentido literal e o sentido figurado.
Proba escrita UD 5  8

CA6.2 - Producir en galego textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas  gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición.

Escribe un texto poético breve coidando a
súa rima, a súa métrica e a súa correcta
ortografía.
Proba escrita UD 5 8
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. Revisa e corrixe ortográficamente textos
poéticos propios ou de compañeiras e
compañeiros.
Proba escrita UD 5 8
 Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación preséntase a táboa de criterios de avaliación relacionados coas actividades. Tamén se indica a situación exacta da actividade no REA. Por último indícase o instrumento de avaliación empregado para cada actividade. Deben terse en conta unha serie de cuestións:

  • Neste REA non se inclúen as probas escritas dos Criterios de Avaliación (CA) que en PROENS se avalían con ese tipo de instrumento. Porén, os CA, serían perfectamente avaliables coas actividades que aquí se propoñen e os instrumentos alternativos que se facilitan; ou, no seu defecto, axudan a preparar para a súa avaliación.
  • Cando na táboa que segue se sinala unha actividade con “Proba escrita” como instrumento empregado, isto significa que é preciso que o alumnado realice unha produción escrita en menor ou maior medida. Algunhas delas son xa retroalimentadas, algo que se indica co texto “Proba escrita con retroalimentación”.
Criterios de avaliación Actividades ou exercicios / Seccións do REA Instrumentos empregados

CA2.3 - Producir textos orais e multimodais de maneira autónoma, coherente e fluída, en contextos formais sinxelos e utilizando correctamente recursos verbais e non verbais básicos.

1. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

2. Actividade (Sección 4 >> Pasos a seguir para a elaboración dunha biografía >> Mans á obra).

3. A nosa cápsula da cultura (Sección 5 >> Somos artistas! >> 1, 2, 3 Acción!).

1. Rúbrica.

2. Rúbrica.

3. Retroalimentación.

CA3.4 - Analizar, de maneira progresivamente autónoma, o contido e aspectos formais e non formais elementais de textos escritos e multimodais, valorando o seu contido, estrutura, calidade, fiabilidade e idoneidade en función do propósito de lectura.

1. OPCIÓN B: Ordena a seguinte biografía (Sección 2 >> Canto sabes sobre biografías).

2. OPCIÓN A: Le as oracións e selecciona a opción correcta (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar)

3. OPCIÓN B: Le o seguinte texto e coloca os puntos e as comas nos ocos correspondentes (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar).

4. OPCIÓN C: Reescribe o seguinte texto no teu caderno, colocando os signos de puntuación e as maiúsculas onde corresponda (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar).

5. Actividade 2: Afianzando a poesía en solitario (Sección 3 >> Literatura >> Imos practicar)

1. Proba escrita.

2. Proba escrita.

3. Proba escrita.

4. Proba escrita.

5. Retroalimentación. 

CA4.5 - Ler de maneira autónoma textos de diversas fontes, autores e autoras da literatura galega, axustados aos seus gustos e intereses avanzando na construción da súa identidade lectora.

1. Mapa conceptual da métrica (Sección 3 >> Literatura >> Aprendendo sobre poemas). 

2. Mapa conceptual da rima (Sección 3 >> Literatura >> Aprendendo sobre poemas).

3. Actividade 1: Traballando a poesía en grupo (Sección 3 >> Literatura >> Imos practicar). 

1. Retroalimentación. 

2. Retroalimentación. 

3. Retroalimentación. 

 

CA4.6 - Compartir oralmente a experiencia de lectura participando, de forma autónoma, en comunidades lectoras de ámbito escolar.

1. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

1. Retroalimentación. 

CA5.2 - Compartir a experiencia de lectura, en soportes diversos, participando en comunidades lectoras no ámbito escolar ou social.

1. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

1. Retroalimentación

CA5.3 - Valorar os textos literarios en calquera lingua e a literatura en xeral e especialmente en lingua galega, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal, utilizando a lectura como fonte de lecer e información

1. Sección 1 >> Como podemos botar unha man? >> Sabías que...

2. Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra >> Recorda. 

1. Retroalimentación.

2. Retroalimentación. 

CA5.4 - Utilizar, con certa autonomía, as bibliotecas da aula, do centro e as virtuais, como escenario de actividades literarias compartidas.

1. Sección 1 >> Como podemos botar unha man? >> Sabías que...

2. Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra >> Recorda. 

1. Retroalimentación. 

2. Retroalimentación. 

CA5.5 - Incorporar a lectura expresiva e a comprensión e interpretación de textos literarios narrativos, líricos e dramáticos na práctica escolar.

1. OPCIÓN A: Le as oracións e selecciona a opción correcta (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar)

2. OPCIÓN B: Le o seguinte texto e coloca os puntos e as comas nos ocos correspondentes (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar).

3. OPCIÓN C: Reescribe o seguinte texto no teu caderno, colocando os signos de puntuación e as maiúsculas onde corresponda (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar).

4. Actividade 1: Traballando a poesía en grupo (Sección 3 >> Literatura >> Imos practicar). 

5.  Mapa conceptual da métrica (Sección 3 >> Literatura >> Aprendendo sobre poemas). 

6. Mapa conceptual da rima (Sección 3 >> Literatura >> Aprendendo sobre poemas).

7. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

8. A nosa cápsula da cultura (Sección 5 >> Somos artistas! >> 1, 2, 3 Acción!).

1. Proba escrita. 

2. Proba escrita. 

3. Proba escrita. 

4. Retroalimentación. 

5. Retroalimentación. 

6. Retroalimentación. 

7. Retroalimentación. 

8. Retroalimentación. 

CA5.6 - Escoitar e ler textos literarios adecuados á súa idade, que recollan diversidade de autores e autoras, especialmente da literatura galega, relacionándoos en función dos temas e de aspectos elementais de cada xénero literario, e interpretándoos, e relacionándoos con outras manifestacións artísticas ou culturais de maneira acompañada.

1.  Mapa conceptual métrica (Sección 3 >> Literatura >> Aprendendo sobre poemas). 

2. Mapa conceptual rima (Sección 3 >> Literatura >> Aprendendo sobre poemas).

3. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación. 

3. Retroalimentación. 

CA5.7 - Producir, de maneira progresivamente autónoma, textos sinxelos individuais ou colectivos con intención literaria, reelaborando con creatividade os modelos dados, en distintos soportes e complementándoos con outras linguaxes artísticas.

1. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

1. Rúbrica. 

CA5.8 - Recoñecer e interpretar recursos básicos da linguaxe literaria e diferenza das principais convencións formais dos xéneros.

1. Actividade 3: Identificando figuras literarias (Sección 3 >> Literatura >> Mans á obra)

1. Proba escrita.

CA6.2 - Producir en galego textos escritos e multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas básicas e mobilizando, de maneira puntualmente acompañada, estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición.

1. Levando a teoría á práctica (Sección 4 >> Convertíndonos en poetas e poetisas >> Mans á obra). 

2. Actividade (Sección 4 >> Pasos a seguir para a elaboración dunha biografía >> Mans á obra)

1. Rúbrica. 

2. Rúbrica.

CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenzas co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz.

1. OPCIÓN A: Le as oracións e selecciona a opción correcta (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar)

2. OPCIÓN B: Le o seguinte texto e coloca os puntos e as comas nos ocos correspondentes (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar).

3. OPCIÓN C: Reescribe o seguinte texto no teu caderno, colocando os signos de puntuación e as maiúsculas onde corresponda (Sección 3 >> Puntuamos >> Imos practicar).

4. OPCIÓN A: Entrevista a Ana Peleteiro (Sección 3 >> Categorías gramaticais >> Imos practicar). 

5. OPCIÓN B: Entrevista a Guadi Galego (Sección 3 >> Categorías gramaticais >> Imos practicar). 

6. OPCIÓN C: Entrevista a Susana Rodríguez Gacio (Sección 3 >> Categorías gramaticais >> Imos practicar). 

1. Proba escrita.

2. Proba escrita.

3. Proba escrita.

4. Retroalimentación. 

5. Proba escrita. 

6. Retroalimentación. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)