Introducindo o REA "Onde vai a nosa cultura?"
O REA “A cultura galega en perigo” ten como finalidade o desenvolvemento da competencia lingüística en lingua galega partindo de persoeiros que poden ser do seu interese e próximos a eles e elas.
As diferentes fases do REA están pensadas para achegar a información e as estratexias que se van precisar para acadar os retos propostos e están pensadas tendo en conta o DUA, para desta maneira chegar á totalidade do alumnado, independentemente das súas características.
Pretende aproveitar os coñecementos e a motivación que o traballo sobre persoas coñecidas dos diferentes eidos da cultura nos pode achegar. É importante deixar liberdade ao alumnado para que escollan os persoeiros que desexan e máis chamen a súa atención.
Partimos dunha situación que empregue a tecnoloxía non como un fin en si mesmo senón como un apoio e un complemento que en moitos casos será imprescindible e en outros unha opción máis. Buscamos aproveitar os recursos que xa hai nos centros e partimos sempre de equipamento Abalar/edixgal.