Saltar navegación

1. Descrición xeral

A cultura galega en perigo!

Este é un REA (Recurso Educativo en Aberto) deseñado para traballar co alumnado diferentes persoeiros destacados da nosa cultura. Partiremos de personaxes galegos e galegas moi coñecidos e coñecidas para fomentar o interese e a motivación. O obxectivo do REA será a elaboración dunha cápsula do tempo onde o alumnado recolla os documentos que elaboren, coma  biografías contribuíndo desta forma a perdura da cultura galega.

Proponse ao longo de todo o REA a participación activa do alumnado mediante a elaboración dunha cápsula do tempo de forma conxunta, fomentando así o traballo en equipo.

As metas de aprendizaxe son:

  1. Coñecer os diferentes eidos que conforman a cultura galega e os algúns dos seus persoeiros máis importantes.
  2. Aprender que é unha cápsula do tempo e como elaborar unha propia.
  3. Fomentar as competencias necesarias para traballar en grupo e promover o respecto polas diferentes opinións.
  4. Adquirir diferentes habilidades para o tratamento e manexo da información de forma correcta.
  5. Desenvolver o sentido crítico (tomar conciencia de que a cultura depende deles e delas).

Feito con eXeLearning (Nova xanela)