Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na unidade 5 de Lingua Galega e Literatura para 6° de Educación Primaria que se poden descargar da aplicación PROENS. Os eixes principais son:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación.
  • Desenvolvemento da conciencia de lingua e da diversidade lingüística da contorna.
  • Incorporación de estratexias relacionadas coa fala, a escoita, a lectura e a escritura.
  • Aplicar mecanismos para a transformación da información en coñecemento.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real.
    1. En concreto con ODS 5 (igualdade de xénero) vencellado coa meta 5.5  asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis decisorios na vida política, económica e pública, en parte potenciado polo reto  deste REA que pretende poñer en valor o traballo levado a cabo por diversas mulleres do ámbito da cultura galega.
    2. Co ODS 17 (alianzas para lograr os obxectivos) facendo fincapé na meta 17 tecnoloxía  que entre outros aspectos, promove o uso de tecnoloxías ecoloxicamente racionais conectado co reto que avoga polo correcto uso dos equipamentos EDIXGAL.
    3. Este REA posibilita que o alumnado traballe tamén noutras metas do ODS5. Xa que tanto na elaboración do seu propio reto como nas exposicións do resto de alumnado poderán afondar na igualdade de xénero en diversos ámbitos laborais.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, correspóndese coa unidade didáctica 5 que leva por título “As posibilidades da lingua”, da aplicación PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. 

O recurso aborda os contidos presentes no bloque 2 (Comunicación oral); no bloque 3 (Comunicación escrita); no bloque 4 (Alfabetización mediática e informacional); no bloque 5 (Educación literaria)  e no bloque 6 (Reflexión sobre a lingua e os seus usos), no marco de proposta de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Xéneros discursivos: Estratexias para a adquisición de destrezas sobre xéneros discursivos propios do ámbito persoal, social e educativo. Contido e forma. Redes sociais e os seus riscos. Utilización dun vocabulario adaptado ao nivel sobre diferentes temáticas para unha mellor comunicación oral en distintas situacións. Estratexias para a coherencia, cohesión e adecuación na produción e reprodución de textos orais en lingua galega. 
  • Procesos: comprensión oral: Comprensión e expresión de mensaxes verbais e non verbais. Comprensión global e específica de textos orais de diversa tipoloxía atendendo á forma da mensaxe (descritivos, narrativos, dialogados, expositivos) e á súa intención comunicativa (informativos, literarios e prescritivos),
    desenvolvendo unha valoración crítica e detectando usos discriminatorios da linguaxe verbal e non verbal.
  • Procesos: produción oral: Audición, dramatización e reprodución de textos adecuados ao nivel que estimulen o seu interese e gustos. Produción e reprodución de textos orais de diversa tipoloxía segundo o seu formato e intención comunicativa, adecuados ao nivel e que estimulen o seu interese. Pronuncia e entoación adecuadas nos distintos contextos, atendendo á particularidade fonética d-Elaboración de textos orais axeitados ao nivel, con utilización correcta dos elementos da prosodia e non verbais, empregando unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.
Bloque 2
  • Xéneros discursivos: Elementos básicos de contido en textos escritos (tema, fórmulas fixas, léxico, inferencias de información) e forma (estrutura, formato, título, imaxes, tipografía). Estratexias elementais para a coherencia, cohesión e adecuación dos textos escritos, en lingua galega.
  • Procesos: produción escrita: Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade. Participación activa en comunidades lectoras a través da biblioteca escolar.
Bloque 3
  • Lectura autónoma e comentada de obras ou fragmentos variados e diversos da literatura galega adecuados á súaidade e organizados en itinerarios lectores, iniciándose na súa análise.
  • Progreso na construción da identidade lectora en textos da literatura galega. Estratexias para a expresión de gustos e intereses e para a valoración crítica elemental das obras.
Bloque 4
  • Valoración dos textos literarios e da literatura en xeral, como vehículo de comunicación, como fonte de coñecemento da contorna, doutros mundos, tempos e culturas e como recurso de gozo persoal.
  • Funcionamento da biblioteca da aula ou do centro como escenario de actividades literarias compartidas e de
    experiencias de gozo de persoal.
  • Lectura expresiva, dramatización E interpretación de fragmentos atendendo aos procesos de comprensión e ao nivel de desenvolvemento. 
  • Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.
  • Identificación de recursos literarios.
  • Relación entre as obras lidas e outras manifestacións artísticas e culturais do contorno galego.
  • Comprensión, memorización e recitado de poemas co ritmo, entoación e dicción adecuados.
  • Creación de textos literarios de maneira libre, en galego e con progresiva complexidade (léxico, estruturas, sentido estético) e a partir da apropiación e explotación dos modelos dados.
  • Identificación de recursos literarios.
Bloque 5
  • Mecanismos de coherencia e cohesión elementais, con especial atención ás substitucións pronominais como mecanismo gramatical de referencia interna e á correlación temporal establecida mediante os distintos tempos verbais.
  • Os signos de puntuación como mecanismos para organizar o texto escrito e para expresar a intención comunicativa.
  • Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronome e artigo) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 3 Producir textos orais e multimodais con coherencia, claridade e rexistro adecuados para expresar ideas, sentimentos e conceptos; construír coñecemento; establecer vínculos persoais; e participar con autonomía e unha actitude cooperativa e empática en interaccións orais variadas.
OBX 4 Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas. 
OBX 7 Ler de maneira autónoma obras diversas seleccionadas atendendo aos seus gustos e intereses, compartindo as experiencias de lectura, para iniciar á construción da identidade lectora, para fomentar o gusto pola lectura como fonte de pracer e para disfrutar da súa dimensión social.  
OBX 8 Ler, interpretar e analizar, de maneira acompañada, obras ou fragmentos literarios adecuados ao seu desenvolvemento, establecendo relacións entre eles e identificando o xénero literario e as súas convencións fundamentais, para iniciarse no recoñecemento da literatura como manifestación artística e fonte de pracer, coñecemento e inspiración para crear textos de intención literaria.
OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL 2, CCL3, CCL4,CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA1, CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC)  CC2
Competencia emprendedora (CE) CE1
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4

Feito con eXeLearning (Nova xanela)