Saltar navegación

3.1. Recomendacións de uso

Orientacións e recomendacións de uso

Algunhas recomendacións para o uso deste recurso na aula son:

Recursos materiais necesarios

Para a posta en marcha deste recurso educativo aberto, é imprescindible contar co equipamento Edixgal e conexión a Internet. É necesario tamén o uso do caderno e material funxible, especialmente para a parte final onde o alumnado elaborará os seus propios documentos sobre a cultura galega. Sobre todo dependendo do tipo de presentación que escolla.

Recoméndase que o alumnado teña auriculares para non causar molestias durante a visualización de vídeos e titoriais existentes ao longo do REA.

Uso do caderno

O material presentado neste REA ten un carácter marcadamente dixital e en gran medida está pensado para ser utilizado en aulas co proxecto Edixgal en funcionamento.

Moitas das actividades propostas están pensadas para ser resoltas de forma dixital, posto que así foron deseñadas. Igualmente existen dentro dos apartados outras que foron pensadas para ser resoltas en caderno (será evidente pola ausencia de oco para facelo).

Por moito que agora as TIC e as pantallas estean presentes en moitos eidos das nosas vidas, non debemos deixar de lado outros aspectos, como neste caso é a escrita. Todo o alumnado debe ser competente á hora de redactar, ter unha caligrafía clara, producir textos escritos coherentes e escribir cunha ortografía correcta, sen depender que unha máquina lle corrixa constantemente.

De aí que se destaque a importancia da escrita na educación e na necesidade de fomentala aínda que se estea a traballar nun recurso dixital.

Proposta de agrupamentos para actividades grupais

Ao longo deste REA son constantes as propostas de traballo grupal por parte do alumnado. Recoméndanse sempre grupos de catro xa que é un número que encaixa moi ben pensando nos agrupamentos dos diferentes retos propostos. En calquera caso é decisión do profesorado empregar grupos de diferente número ao longo das fases 3 e 4.

Estes grupos deberán traballar en equipo para a realización de forma activa para elaborar todo material que recolleremos na cápsula do tempo.

Recoméndase que os grupos sexan diversos e heteroxéneos, na procura do traballo en equipo, para que o alumnado aprenda a tomar decisións e accións conxuntamente, promovendo  a toma de decisións conxunta. Para iso, o profesorado que use este REA na súa aula, deberá ter presentes as seguintes pautas:

  • Organiza ao teu alumnado  en función das súas diferentes capacidades, para crear equipos de persoas con habilidades diferentes.
  • Asigna a cada alumno/a unha función no grupo na que amose as súas capacidades. 
  • Crea un clima de traballo positivo e participativo resaltando os progresos que se realicen e acompañando nas dificultades.

Como dicimos, a diversidade nos grupos é fundamental para que o alumnado aprenda a coordinarse e traballar en equipo, desenvolvendo así habilidades de comunicación, cooperación e liderado. Este enfoque non só enriquecerá a experiencia de aprendizaxe, senón que tamén preparará ao alumnado para a colaboración en contextos laborais e sociais futuros.

Dada a heteroxeneidade do alumnado, existen actividades individuais (multinivel) que procuran adaptarse a diferentes estilos ou ritmos de aprendizaxe.

Produtos finais

Outro dos obxectivos finais deste REA é que o alumnado desenvolva a súa creatividade e habilidades de resolución de problemas, producindo documentos instrutivos que ofrezan solución ás problemáticas formuladas en cada reto. É importante destacar que a natureza aberta e flexible deste proceso implica unha gran variabilidade nos produtos finais que poidan chegar a entregar.

A pesar de que poidan escoller o mesmo reto para resolver, a diversidade de enfoques, ideas e solucións posibles fai que cada produto final sexa único. Isto non só enriquece a experiencia de aprendizaxe, senón que tamén ofrece unha oportunidade para a análise e comparativa entre os diferentes enfoques adoptados polo alumnado.

A posibilidade de comparar e analizar os produtos finais permiten non só avaliar a creatividade e efectividade das solucións propostas, senón tamén promove o debate e intercambio de ideas entre o alumnado. Ademais, esta variedade de resultados porá de manifesto a diversidade de pensamento e enfoques dentro do grupo, o cal é un valor engadido, digno de reflexión, no proceso educativo.

En resumo, o produto final do reto non só representa a culminación do traballo do grupo, senón tamén unha oportunidade para a exploración, análise e aprendizaxe a través da comparativa de diferentes enfoques e solucións. Este enfoque fomenta a creatividade, o pensamento crítico e a colaboración entre o alumnado, preparándoos para afrontar con éxito os desafíos futuros.

Reto final: elaborar unha cápsula do tempo. Ésta tamén terá un enfoque multinivel, por un lado poderá ser en formato dixital: a través dun USB ou subida nun arquivo á aula virtual do centro; ou ben, en formato físico: nunha cartulina onde se recolla a información dos persoeiros través de recortes, imaxes impresas e textos escritos.

Tanto os retos como as diferentes actividades están vencelladas aos ODS. 

Enfoque multinivel do reto

O REA está pensado cun enfoque multinivel coa finalidade de adpatarse aos diferentes niveis de aprendizaxe da aula. O obxectivo é crear un ambiente de aprendizaxe inclusivo, de forma que todos os nenos e nenas participen tanto na realización das diferentes actividades como na elaboración reto final.

As diferentes actividades multiniveladas propostas están pensadas para que o alumnado as podia seleccionar en función das súas habilidades ou intereses. Será competencia do profesorado orientar e recomendar unha ou outra proposta en función da información que ten sobre o seu alumnado.

As diferentes opcións a elaborar son:

Opción 1: crear unha cartolina onde se recollan novas importantes sobre un persoeiro da cultura galega. 

Opción 2: a nosa cartolina dixital sobre un persoeiro da cultura galega.

Opción 3: a nosa creación sonora sobre a cultura galega.

Sobre a avaliación do reto

O alumnado conta con rúbricas para avaliar aspectos concretos deste REA. Ademais contan tamén cunha rúbrica de autoavaliación que incide en criterios de avaliación ou mínimos de consecución clave da unidade didáctica. Esta rúbrica é unha adaptación da rúbrica que ten o profesorado para avaliar o traballo final realizado polo alumnado. A rúbrica do profesorado está moito máis detalladas para fomentar unha avaliación máis minuciosa. Estes documentos están dispoñibles no apartado 3.2 Recursos e solucións do REA desta guía didáctica.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)