Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA correspóndese coa unidade didáctica 5 publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 15 sesións ao longo do segundo trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1.A cultura galega en perigo!

(Mobilizar)

1.1. Cal é o problema?

1.2. Como podemos botar unha man?

1.3. Diario de aprendizaxe. 

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da problemática e do tema central, as biografías.  2

2. Coñeces a túa cultura?

(Activar e recordar)

2.1. Afianzando coñecementos.

2.2. Practicando o aprendido.

2.3. Canto sabes sobre biografías?

2.4. Diario de aprendizaxe.
 

Sesión de revisión,  activación de coñecementos previos nesta e noutras materias e iniciación nos contidos necesarios para levar a cabo o reto.  2

3. Somos cultura!

(Explorar e estruturar)

3.1. Puntuamos.

3.2. Categorías gramaticais.

3.3 Literatura.

3.4. Diario de aprendizaxe.

Sesións con actividades informativas e interactivas utilizando como fío condutor a produción dunha serie de documentos para elaborar a cápsula do tempo. A través deles trabállanse diferentes aspectos gramaticais do currículo.

Están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva do “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe sesións con actividades interactivas multinivel e opcións diferentes para garantir a consecución das actividades. Foméntase a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento. Utilizase o diario de aprendizaxe con canle e guía para eses procesos.    

4

4. Contribuíndo a perdura da cultura.

(Elaborar e comprobar)

4.1. Pasos a seguir

4.2. Mans á obra.

4.3. Diario de aprendizaxe.


 

Sesións dirixidas á realización do reto proposto, que pretenden dar solución a diversas problemáticas da contorna do alumnado. Implican a creación colectiva e o traballo en grupo.                         4

5. A nosa cápsula da cultura

(Concluír e comunicar)

5.1. Somos artistas.

5.2. Avaliando.

5.3 A nosa cápsula do tempo.

Sesións vinculadas á presentación dos resultados e produtos obtidos nos retos da fase 4. Realízase a través da auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e a exposición dos resultados ao resto do alumnado da aula. 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)