Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Esta unidade está formada pola unidade didáctica 3 publicada en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Primaria. En total está pensada para desenvolver ao longo de 16 sesións ao longo do primeiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. A paisaxe encantada

1.1 Un problema mundial

1.2 Aquí tamén pasa.

1.3 Todas e todos axudamos

1.4 O noso reto

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da problemática do tema central da contaminación e ODS 14 e 15. 

2

2. Activamos o que sabemos

2.1 En equipo sempre é mellor

2.2 Sumamos información

2.3 Importancia de repasar

Sesión de activación de coñecementos previos nesta e outras materias.

2

3. Temos un problema

3.1 Sabías que? 

3.2 Textos literarios. Narración

3.3 Textos literarios. Descrición

3.4 Textos literarios. Diálogo

3.5 Textos literarios. Exposición

3.6 Textos literarios. Argumentación

Sesións nas que se traballa para adquirir contidos importantes para conseguir o noso reto, ademais con actividades de busca de información e interactivas, para desenvolver de xeito oral ou escrito e facer o seguimento individual na guía de aprendizaxe.

6

4. Imos polo reto

4.1 Comezamos polas personaxes 

4.2 Describamos o escenario

4.3 Preparemos os diálogos e o contexto

4.4 Terminamos o reto: Presentámolo

4.5 Contido extra: Probamos a facelo

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que pretenden a solución mediante o traballo en grupo, coa necesidade de concienciar á sociedade sobre o problema da contaminación.

5

5. Conclusión

5.1 Avaliándonos

Sesión enfocada á presentación do produto final elaborado así como avaliación e coavaliación dos retos.

1

Feito con eXeLearning (Nova xanela)