Saltar navegación

Créditos e descarga

logo creagal

Título Guía didáctica do recurso "Marcando páxinas"
Descrición

Guía didáctica para docentes do REA "Marcando páxinas" da materia Lingua e Literatura Galega de 6º de Educación Primaria. Ten a súa correspondencia coa unidade didáctica 2 facilitada en Proens pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Este REA céntrase na adquisición dos contidos relacionados coa motivación lectora, a importancia do galego e de outros idiomas como parte da identidade e os diferentes tipos de texto, en concreto o texto instrutivo. Aborda ademais acentuación, clases de palabras, o substantivo, así como o uso dun procesador de textos.
Para poder traballar aspectos curriculares propios da materia, contextualizamos este REA nunha situación real de aprendizaxe na cal o alumnado terá que crear un marcapáxinas con luz, sobre un conto da biblioteca, para unha posterior exposición, que convide a lectura dos contos.

Persoas elaboradoras

Lucía Díaz Blanco, Inmaculada García Lombardía e Laura Varela López.

Organización

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia.

Licenza Licenza Creative Commons Atribución Non comercial Compartir igual 4.0

Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.

Os elementos multimedia incluídos nesta guía didáctica son de elaboración propia no marco do proxecto cREAgal, con licenza CC BY-NC-SA. No caso de incluír algún recurso externo non elaborado por cREAgal, indícase no propio recurso a súa licenza específica.

Versión

 Versión Data de publicación
Notas sobre a versión
1.0 Xullo 2025 Primeira versión.
1.1
Febreiro 2026 Mellora do contido e corrección de erros. Versión desenvolvida polo equipo de persoas asesoras do proxecto cREAgal (Servizo de Innovación e Programas Educativos).

Aquí tes o arquivo fonte para editar este REA

  • Segue estes pasos para usar/redistribuír/modificar este REA:

1. Descarga o ficheiro fonte. Con isto tes o recurso orixinal en formato de edición.

2. Modifícao usando eXeLearning.

3. Se aínda non o tes, descarga e instala o estilo cREAgal.

4. En caso de modificalo, tes que recoñecer a autoría e publicalo coa mesma licenza (CC BY-NC-SA).

Podes usar esta cita para facer referencia a cREAgal:

Este REA é unha adaptación do recurso orixinal «Guía didáctica do REA "Marcando páxinas"» do proxecto cREAgal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia baixo licenza CC BY-NC-SA.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)