Saltar navegación

2.1. Criterios e instrumentos de avaliación

Criterios de avaliación e mínimos de consecución

Lembramos que os criterios de avaliacións que aquí se amosan son os que conteñen a unidade didáctica 2 de PROENS. Pode haber criterios de avaliación (CA) que aparezan máis dunha vez debido a que poden ter mínimos de consecución variados tamén un peso orientativo que, neste caso, corresponde co establecido nas programacións de PROENS.

Códigos CA: descrición dos criterios de avaliación  Mínimos de consecución Instrumentos de avaliación Unidade didáctica (Proens) % (Orientación de Proens)
CA1.1: Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado. Amosa respecto e consideración polas distintas maneiras de falar do resto de persoas. Táboa de indicadores UD 2 5
CA1.2 - Detectar de forma autónoma e en contextos próximos, prexuízos e estereotipos lingüísticos frecuentes, ofrecendo alternativas e valorando a
pluralidade lingüística do mundo, particularmente a dualidade lingüística galego-castelán, como unha fonte de riqueza cultural, especialmente en
comunidades bilingües como a galega.
Usa unha linguaxe respectuosa e
inclusiva en todos os contextos.
Táboa de indicadores UD 2 5
CA1.3 - Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna, valorando a diversidade cultural próxima. Traduce de maneira espontánea ao
galego un texto lido en castelán
Proba escrita UD 2 5
CA1.5 - Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e idiomáticas, e coa perspectiva de xénero. Comunícase co resto de persoas con respecto e igual consideración. Táboa de indicadores UD 2 6
CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral: escoitar con atención, recoller datos, preguntar, repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado ao nivel. Respecta as quendas nas conversas en
grupo absténdose de desacreditar a
opinión do resto de persoas.
Táboa de indicadores UD 2 5
CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso. Demostra comprensión respecto dos
razoamentos do resto de persoas,
aportando a opinión propia en función
deles.
Táboa de indicadores UD 2 6
CA3.1 - Ler de maneira silenciosa e en voz alta textos escritos e multimodais sinxelos, identificando e comprendendo o sentido global e a información relevante, e realizando inferencias directas de maneira acompañada a partir de estratexias básicas de comprensión antes, durante e despois da lectura, superando a interpretación literal. Resume correctamente un texto de
150/200 palabras adaptado á súa idade.
Proba escrita UD 2 8
CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos en lingua galega, valorando a lectura como medio para ampliar o vocabulario e como gozo persoal. Recoñece coa súa lectura a tipoloxía dun texto: literario, instrutivo, informativo. Proba escrita UD 2 8
CA3.6 - Producir textos escritos e multimodais coherentes e adecuados de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando na aplicación das normas gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da cohesión textual e mobilizando estratexias, individuais ou grupais, de planificación, textualización, revisión e edición. Redacta un texto de 150/200 palabras con claridade e cun vocabulario preciso e non repetitivo. Proba escrita UD 2 8
CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais coherentes, en distintos soportes, integrando recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a comprensión do sentido global e da información relevante Elabora documentos dixitais empregando
unha redacción correcta e un deseño axeitado, integrando correctamente as
imaxes.
Proba escrita UD 2 10
CA6.1 - Comparar aspectos básicos das linguas do ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada. Redacta con corrección o resumo dunha
conversa mantida coas compañeiras e os compañeiros.
Proba escrita UD 2 8
CA6.2 - Producir en galego textos escritos e
multimodais coherentes de relativa complexidade, en distintos soportes, seleccionando o modelo discursivo que mellor responda a cada situación comunicativa, progresando no uso das normas gramaticais e ortográficas e mobilizando estratexias sinxelas, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición.
Redacta textos de diversa tipoloxía con corrección na ortografía e na puntuación. Proba escrita UD 2 10
CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz. Identifica nomes, verbos e adxectivos nun documento escrito. Proba escrita UD 2 8
CA6.7 - Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos. Recoñece o significado da totalidade das
palabras dun texto de 150/200 palabras a
través do contexto ou por medio do uso
do dicionario dixital ou físico.
Proba escrita UD 2 8
 Lenda%: Peso orientativo (o profesorado debe axustalo á súa programación); PE: Proba escrita, TI: Táboa de indicadores 

Actividades e instrumentos empregados no REA

A continuación preséntase a táboa de criterios de avaliación relacionados coas actividades. Tamén se indica a situación exacta a actividade no REA. Por último indícase o instrumento de avaliación empregado para cada actividade. Deben terse en conta unha serie de cuestións:

  • Neste REA non se inclúen as probas escritas dos Criterios de Avaliación (CA) que en PROENS se avalían con ese tipo de instrumento. Porén, os CA, serían perfectamente avaliables coas actividades que aquí se propoñen e os instrumentos alternativos que se facilitan; ou no seu defecto axudan a preparar para a súa avaliación.
  • Cando na táboa que segue se sinala unha actividade con "Proba escrita" como instrumento empregado, isto significa que é preciso que o alumnado realice unha produción escrita en menor ou maior medida. Algunhas delas son xa retroalimentadas algo que se indica co texto "Proba escrita con retroalimentación"
Criterios de avaliación Actividades ou exercicios/ Seccións do REA Instrumentos empregados
CA1.1 - Mostrar interese e respecto polas distintas linguas e variedades dialectais, incluídas as linguas de signos, identificando as características fundamentais das da súa contorna xeográfica, así como algúns trazos dos dialectos e linguas familiares do alumnado.

1. Que se fala en España? (Sección 3) >> Pillade o tren >> Primeira parada>>Pero... en que idioma falan?

2. Idiomas de outros países (Sección 3) >> Pillade o tren >> Primeira parada>>Pero... en que idioma falan?

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

CA1.2 - Detectar de forma autónoma e en contextos
próximos, prexuízos e estereotipos lingüísticos
frecuentes, ofrecendo alternativas e valorando a
pluralidade lingüística do mundo, particularmente a
dualidade lingüística galego-castelán, como unha
fonte de riqueza cultural, especialmente en
comunidades bilingües como a galega.
1. Debate, con cal quedamos? (Sección 3)>>Pillade o tren>>Primeira parada>>Visita a biblioteca.

1. Táboa de indicadores

CA1.3 - Identificar as distintas linguas empregadas na súa contorna, valorando a diversidade cultural próxima.

3. A túa quenda! (Sección 3) >> Pillamos o tren >> Primeira parada>>Pero... en que idioma falan?

1. Proba escrita

CA1.5 - Usar unha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas persoais, culturais e idiomáticas, e coa perspectiva de xénero. 1. Debate, con cal quedamos? (Sección 3)>>Pillade o tren>>Primeira parada>>Visita a biblioteca.

1. Táboa de indicadores

CA2.2 - Utilizar de xeito efectivo a linguaxe oral:
escoitar con atención, recoller datos, preguntar,
repreguntar, interpretar e un vocabulario adecuado
ao nivel.

1.  Debate, con cal quedamos? (Sección 3)>>Pillade o tren>>Primeira parada>>Visita a biblioteca.

1. Táboa de indicadores

CA2.4 - Participar en interaccións orais espontáneas ou reguladas, incorporando estratexias sinxelas de escoita activa, de cortesía lingüística e de cooperación conversacional, respectando o uso simultáneo das dúas linguas propias, de ser o caso.

1. Debate, con cal quedamos? (Sección 3)>>Pillade o tren>>Primeira parada>>Visita a biblioteca.

1. Táboa de indicadores

CA3.1 - Ler de maneira silenciosa e en voz alta
textos escritos e multimodais sinxelos, identificando
e comprendendo o sentido global e a información
relevante, e realizando inferencias directas de
maneira acompañada a partir de estratexias básicas
de comprensión antes, durante e despois da lectura,
superando a interpretación literal.
1. Resumo (Sección 3)>>Pillade o tren>>Primeira parada

1. Proba escrita

CA3.2 - Comprender distintos tipos de textos en
lingua galega, valorando a lectura como medio para
ampliar o vocabulario e como gozo persoal.

1. Descubrindo os textos, verdadeiro ou falso? (Sección 2)>>Preparade a maleta>> Levade textos

2. Que tipo de texto é? (Sección 2)>>Preparade a maleta>> Levade textos

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

CA3.6 - Producir textos escritos e multimodais
coherentes e adecuados de relativa complexidade,
en distintos soportes, seleccionando o modelo
discursivo que mellor responda a cada situación
comunicativa, progresando na aplicación das normas
gramaticais e ortográficas básicas ao servizo da
cohesión textual e mobilizando estratexias,
individuais ou grupais, de planificación,
textualización, revisión e edición.

1. Unha historia acertada (Sección 3)>>Pillade o tren>>A parada de acentuación

2. Lecturas con instrucións. (Sección 3)>> Pillade o tren>> Indicacións do traxecto

3. Redactamos o texto instrutivo (Sección 4)>>Chegastes ao voso destino>> Reto 4: Texto

1. Proba escrita

2. Proba escrita

3. Proba escrita

CA3.7 - Elaborar textos escritos e multimodais
coherentes, en distintos soportes, integrando
recursos gráficos ou paratextuais que faciliten a
comprensión do sentido global e da información
relevante.

1. LibreOffice Writer (Sección 3)>>Pillade o tren>>A parada dixital

2. Redactamos o teto instrutivo (Sección 4)>>Chegastes ao voso destino>> Reto 4: Texto

1. Táboa de indicadores

2. Proba escrita

CA6.1 - Comparar aspectos básicos das linguas do
ámbito escolar e social para acadar unha
competencia comunicativa integrada.
2. Acta de reunión(Sección 4)>>Chegastes ao voso destino>> Reto 2: Deseño

1. Proba escrita

CA6.2 - Producir en galego textos escritos e
multimodais coherentes de relativa complexidade,
en distintos soportes, seleccionando o modelo
discursivo que mellor responda a cada situación
comunicativa, progresando no uso das normas
gramaticais e ortográficas e mobilizando estratexias
sinxelas, individuais ou grupais, de planificación,
redacción, revisión e edición.

1. Unha historia acertada (Sección 3)>>Pillade o tren>>A parada de acentuación

2. Redactamos o texto instrutivo (Sección 4)>>Chegastes ao voso destino>> Reto 4: Texto

1. Proba escrita

2. Proba escrita

CA6.6 - Aplicar os coñecementos sobre as categorías gramaticais e as regras de ortografía, tendo en conta aspectos diferenciais co castelán, para favorecer unha comunicación máis eficaz.

1. Opción 1.A. Xogamos a emparellar (Sección 3)>>Pillade o tren>>Segunda parada>>Pero... que palabras son?

2. Opción 2.A. Adiviña quen son.  (Sección 3)>>Pillade o tren>>Segunda parada>>Pero... que palabras son?

3. Opción 3.A. Palabra identificada!  (Sección 3)>>Pillade o tren>>Segunda parada>>Pero... que palabras son?

1. Retroalimentación

2. Retroalimentación

3. Retroalimentación

CA6.7 - Sistematizar a adquisición de vocabulario a través dos textos. 1. Como buscar o conto ideal? (Sección 3)>>Pillade o tren>>Primeira parada>>Visita a biblioteca.

1. Proba escrita

Feito con eXeLearning (Nova xanela)