Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

Este REA está formado polas unidades didácticas 1 publicadas en PROENS para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. En total está pensado para desenvolver ao longo de 16 sesións ao longo do primeiro trimestre. 

A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Para que? Temporalización

1. Unha viaxe incrible

(Mobilizar)

1.1. O destino

1.2. O traxecto

Sesión de motivación e presentación da tarefa. Presentación da temática, a importancia da lectura e detalles da situación de aprendizaxe.  1 sesión

2. Preparade a maleta

(Activar e recordar)

2.1. Levade acentuación

2.2.Levade textos

2.3. Levade substantivos

2.4. Ide informatizados
 

Sesión de revisión e activación de coñecementos previos nesta e noutras materias 2 sesións

3. Pillade o tren

(Explorar, revisar e estruturar)

3.1. Primeira parada

3.2. Pero... en que idioma falan?

3.3 Segunda parada

3.4. Indicacións do traxecto

3.5. A parada da acentuación

3.6. A parada dixital
 

Sesións con actividades informativas e interactivas utilizando como fío condutor a viaxe e a lectura. Empregando o galego trabállanse diferentes aspectos gramaticais do currículo. As actividades están deseñadas para crear interese no alumnado dende a perspectiva do “aprender pensando”. O alumnado é o protagonista nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Inclúe sesións con actividades interactivas multinivel e opcións diferentes para garantir a consecución da actividades. Foméntase a reflexión metacognitiva do alumnado a través de procedementos dedutivos do pensamento. Utilizase o diario de aprendizaxe con canle e guía para eses procesos.

6 sesións

4. Chegastes ao noso destino

(Aplicar e comprobar)

4.1. Pasos a seguir

4.2. Reto 1: Inspiración

4.3. Reto 2: Deseño

4.4. Reto 3: Elaboración

4.5. Reto final: Texto

4.6. Avaliación

4.7. Reflexión
 

Sesións dirixidas á realización dos retos propostos, que pretenden achegarnos ao produto final do reto gozando da literatura. Implican a creación colectiva e o traballo en grupo.  6 sesións

5. Conclusión

(Concluír e comunicar)

5.1. Compartides a experiencia

5.2. Avaliar

Sesións vinculadas á presentación dos resultados e produtos obtidos nos retos da fase 4. Realízase a través da auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido e a exposición dos resultados ao resto da comunidade educativa. 1 sesión

Feito con eXeLearning (Nova xanela)