Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA (Recurso Educativo Aberto) forma parte dun conxunto de 8 REA, unha proposta global para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria do proxecto cREAgal para conter as 9 UD (Unidades Didácticas) recollidas na programación modelo de Proens do curso 2023 – 2024  e vixente no curso 2025 – 2026.

A distribución do conxunto de REA da materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria respecta a temporalización por trimestre, a secuencia de UD e o resto dos elementos curriculares da programación modelo Proens vixente.

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título Unidade/s didáctica/s (Proens) Criterios de avaliación traballados % Peso materia (Orientación de Proens) Temporalización
REA 1: "En acción para o galego!"

UD1: "Outra vez por aquí!"

CA1.1 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.1 - CA2.4 - CA3.5 - CA3.6 - CA6.7 10% 16 sesións no primeiro trimestre
REA 2: "Marcando páxinas" UD2: "Somos investigadoras e investigadores"

CA1.1 - CA1.2 - CA1.3 - CA1.5 - CA2.2 - CA2.4 - CA3.1 - CA3.2 - CA3.6 - CA3.7 - CA6.1 - CA6.2 - CA6.6 - CA6.7

10%

16 sesións no primeiro trimestre
REA 3:  "Unha paisaxe con encanto"

UD3: "Cantas cousas novas!"

CA2.1 - CA2.3 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.3 - CA3.4 - CA3.6 -CA3.8 -  CA4.1 - CA4.2 - CA4.3 - CA6.2 - CA6.6 10% 16 sesións no primeiro trimestre
REA 4: "O gran libro das emocións" UD4: "Os meus sentimentos" CA2.1 - CA2.5 - CA3.2 - CA3.4 - CA3.9 - CA4.5 - CA4.6 - CA5.1 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.9 - CA6.2 - CA6.4 - CA6.6 11% 15 sesións no segundo trimestre
REA 5: "Onde vai a nosa cultura?" UD5: “As posibilidades da lingua” CA2.3 - CA3.4 - CA4.5 - CA4.6 - CA5.2 - CA5.3 - CA5.4 - CA5.5 - CA5.6 - CA5.7 - CA5.8 - CA6.2 - CA6.6 11% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 6: "A importancia da palabra"

UD6: "Como son?"

CA2.5 - CA3.6 - CA3.9 - CA3.10 - CA6.2 - CA6.3 - CA6.4 - CA6.6 -  11% 16 sesións no segundo trimestre
REA 7: "Batalla de concellos!"

UD7: "Como nos entendemos!"

 CA1.4 - CA2.3 - CA2.4 - CA2.5 - CA2.8 - CA3.3 - CA3.10 - CA4.2 - CA6.6 12% 15 sesións no terceiro trimestre
REA 8: ""Ei, saio na tele!"

UD8: "Son periodista"

UD9: "Comunicámonos"

CA2.7 - CA3.7 - CA3.10 - CA6.5 - CA6.6 - CA2.2 - CA2.4 - CA2.8 - CA3.8 - CA3.11 - CA2.7 - CA3.10 - CA6.6 - CA3.3 - CA2.6 - CA4.4 -  25% 31 sesións no terceiro trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica está baseada na unidade 2 de Lingua Galega e Literatura para 6° de Educación Primaria, que se pode descargar da aplicación Proens. Os eixes principais son:

  • Aplicación da resolución de problemas mediante unha aprendizaxe baseada no desenvolvemento de proxectos (ABP).
  • Fomento de actitudes como a creatividade, a cooperación.
  • Desenvolvemento da conciencia de lingua e da diversidade lingüística da contorna.
  • Incorporación de estratexias relacionadas coa fala, a escoita, a lectura e a escritura.
  • Aplicar mecanismos para a transformación da información en coñecemento.
  • Colaboración na consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) e á súa conexión co mundo real.
  1. ODS 4 (Educación de calidade). Porque todo o proxecto está orientado a mellorar as competencias lingüísticas, dixitais e sociais do alumnado a través de metodoloxías activas e significativas, fomentando a comprensión lectora, a escritura e o pensamento crítico.
  2. ODS 5 (Igualdade de xénero). Porque ao traballar contidos como o xénero do substantivo e visibilizar a lingua como ferramenta inclusiva, estase promovendo unha reflexión crítica sobre o uso da linguaxe e o seu impacto na igualdade.
  3. ODS 10 (Redución das desigualdades). Porque o proxecto promove a inclusión do galego como lingua minorizada, reforzando a identidade cultural e lingüística. Tamén incorpora dinámicas multinivel e materiais accesibles para atender a diversidade do alumnado.
  4. ODS 11 (Cidades e comunidades sostibles). Porque ao fomentar o uso e prestixio da lingua galega e poñer en valor a literatura e a cultura propias, contribúese á construción de comunidades máis sostibles dende o punto de vista cultural. 
  5. ODS 12 (Produción e consumo responsables). Porque a elaboración dos marcapáxinas inclúe a reutilización de materiais e fomenta un uso responsable dos recursos, incluídos os dispositivos dixitais.
  6. ODS 16 (Paz, xustiza e institucións sólidas). Porque ao fomentar a cooperación, o respecto polos demais e a comunicación efectiva nos grupos, estase traballando a convivencia, a resolución de conflitos e a participación democrática no contexto escolar.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, correspóndese coa unidade didáctica 2 (Somos investigadoras e investigadores), da aplicación Proens para a materia de Lingua Galega e Literatura de 6º de Educación Primaria. Xunto coa unidade 1, supón a porta de entrada para o resto de unidades didácticas que conforman a materia. 

O recurso aborda os contidos presentes no bloque 1 As linguas e os seus falantes; no bloque 2 Comunicación oral; no bloque 3 Comunicación escrita e no bloque 6 Reflexión sobre a lingua e os seus usos no marco de proposta de produción e comprensión de textos orais, escritos ou multimodais.

Os contidos da materia que se recollen neste REA son:

Contidos Bloque da materia
  • Valoración da diversidade de linguas na nosa contorna e na nosa comunidade autónoma.
  • Consideración social equilibrada das dúas linguas oficia de Galicia.
  •  Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos, ofrecendo alternativas para estes.
  • A diversidade etnocultural e lingüística como riqueza e ferramenta de reflexión interlingüística.
Bloque 1
  • Contexto
  • Xéneros discursivos
  • Procesos: interacción oral
    • Estratexias para a utilización da linguaxe oral como instrumento de comunicación e aprendizaxe: escoitar, recoller datos, preguntar, exposición de ideas e para a identificación interpretación do sentido global do texto e de integración da información explícita de textos orais e multimodais sinxelos e a realización de inferencias para superar o seu sentido literal.
    • Interacción oral adecuada en situacións de aula e en contextos formais pautados, con respecto ás estratexias de cortesía lingüística, evitando interferencias derivadas do bilingüismo.
    • Participación activa en situacións de comunicación, espontáneas e dirixidas, utilizando un discurso coherente, ordenado e lóxico, construíndo o discurso de acordo coas necesidades comunicativas de cada situación, valorando as normas que rexen a interacción oral e mobilizando a empatía na escoita e na expresión para transmitir necesidades, vivencias e emocións propias e alleas.
  • Procesos: comprensión oral
  • Procesos: produción oral
Bloque 2
  • Contexto
    • Incidencia entre os compoñentes do feito comunicativo (situación, participantes, propósito comunicativo, canle, rexistro) na comunicación escrita.
  • Xéneros discursivos
  • Procesos: comprensión lectora
    • Lectura individual de textos literarios e non literarios con ritmo, velocidade e ton da voz adecuados.
    • Estratexias de identificación e valoración do sentido global do texto, de integración da información explícita e de realización de inferencias para superar o sentido literal de textos en fontes documentais diversas en procesos de comprensión e produción de textos escritos en lingua galega.
  • Procesos: produción escrita
    • Elaboración de textos, con presentación coidada, utilizando a lingua galega con intención comunicativa e creatividade.
    • Estratexias elementais, individuais ou grupais, de planificación, redacción, revisión e edición de textos escritos multimodais complexos, con distintos propósitos comunicativos.
    • Produción de textos escritos e multimodais coherentes, en soporte físico ou dixital, con cohesión e adecuación textual mediante a selección, en cada situación comunicativa, do modelo discursivo que corresponda, usando as normas ortográficas axeitadas ao seu nivel e perfeccionándose na mobilización de estratexias individuais ou grupais de planificación, redacción, revisión e autocorrección.
Bloque 3
  • Identificación das similitudes e diferenzas entre as linguas do seu ámbito escolar e social para acadar unha competencia comunicativa integrada e progresar na súa aprendizaxe.
  • Aproximación á lingua como sistema con distintos niveis: sons, letras, palabras, oracións e textos. Observación e comparación de unidades comunicativas básicas.
  • Recoñecemento das distintas clases de palabras e características do seu uso en situacións concretas de comunicación (substantivo, verbo, adxectivo, preposición, adverbio, pronomes e artigos) e utilización das regras ortográficas e de puntuación.
  •  Procedementos elementais de adquisición e enriquecemento de vocabulario galego a través dos textos.
Bloque 6

Os obxectivos da materia que se traballan neste REA son os que seguen:

Obxectivos Descrición
OBX 1 Recoñecer a diversidade lingüística do mundo a partir da identificación das linguas do alumnado e a realidade lingüística de Galicia e plurilingüe e multicultural de España para favorecer a reflexión interlingüística, para identificar e rexeitar estereotipos e prexuízos lingüísticos, e para valorar esa diversidade como fonte de riqueza cultural.
OBX 4 Comprender e interpretar textos escritos e multimodais, recoñecendo o sentido global, as ideas principais e a información explícita e implícita, e realizando con axuda reflexións elementais sobre aspectos formais e de contido, para adquirir e construír coñecemento e para responder a necesidades e intereses comunicativos diversos.
OBX 5 Producir textos escritos e multimodais, con corrección gramatical e ortográfica básicas, seriando correctamente os contidos e aplicando estratexias elementais de planificación, textualización, redacción, revisión e edición para construír coñecemento e para dar resposta a demandas comunicativas concretas.
OBX 9 Reflexionar de forma guiada sobre a linguaxe a partir de procesos de produción e comprensión de textos en contextos significativos, utilizando a terminoloxía elemental adecuada para iniciarse no desenvolvemento da conciencia lingüística e para mellorar as destrezas de produción e comprensión oral e escrita.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave que marca a normativa vixente e que son traballadas neste recurso.

Competencias clave Clave dos descritores operativos
Competencia en comunicación lingüística (CCL) CCL1, CCL 2, CCL3, CCL5
Competencia plurilingüe (CP) CP2, CP3
Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) STEM1, STEM2
Competencia dixital (CD) CD1, CD2, CD3
Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) CPSAA4, CPSAA5
Competencia cidadá (CC) CC1, CC2
Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) CCEC1, CCEC3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)