Saltar navegación

1. Descrición xeral

En acción para o galego

Este é un REA (Recurso Educativo Aberto) deseñado co fin de introducir ao alumnado na diversidade e riqueza das linguas, as bases da gramática (categorías de palabras, substantivo, xénero e número, ditongos e hiatos, acentuación, prefixos e sufixos) e na creación colaborativa de contidos textuais en formato dixital, desenvolvendo simultaneamente competencias lingüísticas, tecnolóxicas e creativas. Na situación de aprendizaxe terán que crear un marcapáxinas con luz propia baseada nun dos contos da biblioteca elixido por eles mesmos, que servirá de elemento chave para o fomento da lectura dentro do centro escolar. Tratarase dun traballo en pequenos grupos, o que lles permitirá desenvolver habilidades sociais. 

Pero para alcanzar este produto final con éxito, será importante traballar moitos contidos con anterioridade. Estes van desde o afianzamento de normas ortográficas e gramaticais, ata os diferentes tipos de textos, concretamente os textos instrutivos. 

As metas de aprendizaxe son:

  1. Comprender, interpretar e analizar un conto.
  2. Redactar textos instrutivos, cunha acentuación correcta.
  3. Identificar e clasificar substantivos.
  4. Coñecer novos prefixos e sufixos.
  5. Familiarizarse coas linguas da contorna.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)