Queres formar parte do mundo televisivo?
O REA Queres formar parte do mundo televisivo? segue unha estrutura definida que é importante ter en conta:
Fase 1. Iniciando a montaxe: Descrición do reto, que consiste en idear e levar a cabo un programa televisivo. Tamén se introduce o xénero teatral e a diversidade dialectal galega.
Fase 2. Luces: Exploración. Traballo cos coñecementos previos. Créanse os grupos. Vense exemplos de programas televisivos. Trabállanse os prexuízos lingüísticos, a argumentación para combatelos e a formación de palabras.
Fase 3. Cámara: Conexión. Trabállase o guión do programa e a posta en escena. Trabállase a conexión das palabras a través da sintaxe e a creación a través dun dicionario.
Fase 4. Acción: Reto final. Revísase o guión. Repásase o xénero teatral, as variedades dialectais, a creación de palabras e a sintaxe. Repártense os papeis.
Fase 5. Emisión en directo: Conclusión. Exposición e coavaliación dos produtos finais. Ensáiase, créanse os teleprónters e practícase a linguaxe non verbal. Emítese o programa en directo diante doutro alumnado. Reflexiónase e avalíase todo o proceso.
O proxecto non só desenvolverá competencias lingüísticas, comunicativas e literarias, senón que tamén fortalecerá habilidades como o traballo en equipo, a resolución de problemas e a xestión do tempo. A través desta experiencia, búscase preparar o alumnado para enfrontar desafíos reais, promovendo unha formación integral e práctica.
Os diferentes bloques do REA están pensados tendo en conta o DUA, presentando distintas versións da información, de xeito que diversificamos o acceso a ela ofrecendo variedade formatos e niveis, tentando chegar ao maior número de realidades individuais do noso alumnado.