Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada no PROENS para a materia de Lingua galega e literatura de 1º da ESO, contextualízase nas unidades 7 (A pega) e 8 (A lagarta).
No recursos trabállanse contidos dos diferentes bloques de contidos da programación: "As linguas e os seus falantes", "Comunicación", "Educación literaria" e "Reflexión sobre a lingua".
| Contidos |
Bloque da materia |
- Iniciación á reflexión interlingüística.
- Estratexias de identificación de prexuízos e estereotipos lingüísticos do galego e exploración das formas de os evitar.
|
Bloque 1 |
- Xéneros discursivos desde o punto de vista da produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Xéneros discursivos propios do ámbito educativo.
- Procesos de produción, comprensión e análise crítica de textos orais, escritos e multimodais.
- Produción escrita: planificación, textualización, revisión e edición en diferentes soportes. Corrección gramatical e ortográfica. Propiedade léxica. Usos da escritura para a organización do pensamento: toma de notas, esquemas, mapas conceptuais, resumos etc.
- Recoñecemento e uso discursivo dos elementos lingüísticos en textos orais, escritos e multimodais.
- Corrección lingüística e revisión ortográfica e gramatical dos textos. Uso de dicionarios, de manuais de consulta e de correctores ortográficos en soporte analóxico ou dixital.
- Promoción dun modelo lingüístico afastado da castelanización e da deturpación para conseguir un modelo de lingua de calidade.
|
Bloque 2 |
- Lectura guiada. Lectura de obras relevantes da literatura xuvenil contemporánea galega e do patrimonio literario lusófono, inscritas en itinerarios temáticos ou de xénero, que atravesan épocas, contextos culturais e movementos artísticos.
- Lectura con perspectiva de xénero.
- Lectura con perspectiva ambiental e ecolóxica, con especial incidencia na mudanza climática e na protección e benestar dos animais.
- Creación de textos a partir da apropiación das convencións da linguaxe literaria e en referencia a modelos dados (imitación, transformación, continuación etc.).
|
Bloque 3 |
- Elaboración de conclusións propias sobre o funcionamento do sistema lingüístico cunha linguaxe específica a partir da observación, comparación e clasificación de unidades comunicativas e do contraste entre linguas.
- Aproximación á lingua como sistema e ás súas unidades básicas tendo en conta os diferentes niveis: o son e sistema de escritura, as palabras (forma e significado) e a súa organización no discurso (orde das palabras, compoñentes das oracións ou conexión entre os significados).
- Relación entre os esquemas semántico e sintáctico da oración simple. Observación e transformación de enunciados de acordo con estes esquemas e uso da terminoloxía sintáctica necesaria. Orde das palabras e concordancia.
|
Bloque 4 |
Tendo en conta o anterior, este recurso céntrase principalmente nos seguintes obxectivos da materia:
| Obxectivos |
Descrición |
OBX 1
|
OBX1 - Describir e apreciar a diversidade lingüística da Península Ibérica e do mundo, analizar a orixe e o desenvolvemento sociohistórico das súas linguas (e, máis concretamente, do portugués, catalán e éuscaro) e as características dialectais do para favorecer a reflexión interlingüística, combater os estereotipos e prexuízos, valorar a diversidade e crear vínculos socioafectivos coa lingua galega. |
OBX 3
|
Producir textos orais e multimodais con coherencia e fluidez e co rexistro adecuado, atendendo ás convencións propias dos diferentes xéneros discursivos, e participar en interaccións orais con actitude cooperativa e respectuosa, tanto para construír coñecemento e establecer vínculos persoais como para intervir de maneira activa e informada en diferentes contextos sociais. |
OBX 4
|
Comprender, interpretar e valorar textos escritos, con sentido crítico e diferentes propósitos de lectura, recoñecendo o sentido global e as ideas principais e secundarias, identificando a intención do emisor, reflexionando sobre o contido e a forma, avaliando a súa calidade e fiabilidade para dar resposta ás necesidades e aos intereses comunicativos diversos e para construír coñecemento. |
OBX 5
|
Producir textos escritos e multimodais coherentes, cohesionados, adecuados e correctos atendendo ás convencións propias do xénero discursivo elixido, para construír coñecemento e para dar resposta de maneira informada, eficaz e creativa a demandas comunicativas concretas. |
OBX 8
|
Ler, interpretar e valorar obras ou fragmentos literarios do patrimonio galego, portugués e universal, utilizando unha metalinguaxe específica e mobilizando a experiencia biográfica e os coñecementos literarios e culturais que permitan establecer vínculos entre textos diversos e con outras manifestacións artísticas, para conformar un mapa cultural, ampliar as posibilidades de gozo da literatura e crear textos de intención literaria. |
OBX 9
|
Mobilizar o coñecemento sobre a estrutura da lingua e os seus usos e reflexionar de maneira progresivamente autónoma sobre as eleccións lingüísticas e discursivas, coa terminoloxía axeitada, para desenvolver a conciencia lingüística, aumentar o repertorio comunicativo e mellorar as destrezas tanto de produción oral e escrita como de recepción crítica. |
As competencias clave e os descritores operativos traballados son:
| Competencias clave |
Clave dos descritores operativos |
| Competencia en comunicación lingüística (CCL) |
CCL1, CCL2, CCL3, CCL5 |
| Competencia plurilingüe (CP) |
CP2, CP3 |
| Competencia cidadá (CC) |
CC1, CC2, CC3 |
| Competencia en conciencia e expresión culturais (CCEC) |
CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4 |
| Competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría (STEM) |
STEM1, STEM2, STEM4 |
| Competencia dixital (CD) |
CD1, CD2, CD3 |
| Competencia emprendedora (CE) |
CE1 |
| Competencia persoal, social e de aprender a aprender (CPSAA) |
CPSAA5 |