Saltar navegación

2.2. Temporalización

Temporalización do REA

De acordo coa programación modelo de Proens, este REA deseñouse para desenvolver en 17 sesións, mais cómpre ter en conta que debe ser unha periodización adaptable segundo as necesidades e ritmos do grupo. A proposta é que se traballe no terceiro trimestre.

A temporalización aproximada recomendada para cada fase deste recurso:

Fase Seccións Descrición do traballo a desenvolver Temporalización

1. Iniciando a montaxe

(Descrición)


1.1. Achegámonos ao plató.
1.2. Os chíos no plató.
1.3. Diario de aprendizaxe.

Sesión de introdución e motivación sobre o reto: explicar e amosar exemplos.

Lectura/comentario/explicación do glosario.

Ver o exemplo dos programas televisivos presentados.

Explicar o xénero teatral.

Lectura en voz alta de textos teatrais en portugués.

Presentación dos dialectos do galego e actividades asociadas.

Diario de aprendizaxe.

3 sesións

2. Luces

(Exploración. Coñecementos previos)


2.1. As sombras do plató.
2.2. Poñemos o foco no plató.
2.3. Diario de aprendizaxe.

Creación de grupos segundo os criterios do profesor ou profesora.

Lectura/comentario/explicación do glosario.

Distribución de seccións con explicación e exemplificación de en que consiste cada unha a través dos vídeos seleccionados.

Visualización de vídeo sobre as causas dos prexuízos lingüísticos e anotación de ideas e reflexións no Diario de aprendizaxe.

Tarefa sobre os prexuízos lingüísticos no caderno de aula.

Elaboración do Decálogo do galego (segundo os criterios do/a profesor/a, pode ser individual ou en grupo, máis guiado ou menos guiado...).

Xogo de cartas para destapar prexuízos.

Explicación e descubrimento de formación das palabras.

Identificación de substantivos.

Segmentación de palabras no caderno de aulas.

3 sesións

3. Cámara

(Conexión)


3.1. Movémonos coa cámara.
3.2. Enfocamos o obxectivo.
3.3. Diario de aprendizaxe.

Planificación da posta en escena do programa televisivo.

Lectura/comentario/explicación do glosario.

Introdución do concepto de sintaxe como a correcta combinación de elementos para a comunicación lingüística.

Explicación e comprensión das principais funcións sintácticas.

Tarefa de descubrimento de funcións sintácticas no caderno de aulas.

Lectura de artigo sobre os animais galegos, selección de ideas importantes, esquema, resumo e e reflexión no diario de aprendizaxe.

Tarefa no caderno de aulas sobre os animais (identificación, descrición e oracións).

Creación de dicionario de novas especies.

4 sesións

4. Acción

(Reto final)


4.1. Repasamos o programa.
4.2. Últimos retoques.
4.3. Diario de aprendizaxe.

Repaso do guión do programa elaborado en grupos.

Explicación e coñecemento da variedade estándar, sobre todo escrita.

Corrección dos guións intercambiándoos nos grupos.

Sopa de letras sobre o xénero teatral.

Xogo de tarxetas de clasificación das variedades dialectais.

Actividade de emparellamento morfolóxico.

Roscón sintáctico.

Tarefa en parellas na procura de desmontar prexuízos lingüísticos.

Repartición de papeis para a emisión do programa, escolla de vestiario e ensaio.

Diario de aprendizaxe.

4 sesións

5. Emisión en directo

(Conclusión)


5.1. Preparados.
5.2. Listos.
5.3. Xa.
5.4. Diario de aprendizaxe

Ensaio xeral do programa.

Creación dos teleprónters.

Emisión en directo.

Reflexión no diario de aprendizaxe de diversos aspectos da emisión: entoación, linguaxe non verbal, claridade, lingua...

3 sesións

Feito con eXeLearning (Nova xanela)