Queres formar parte do mundo televisivo?
Este é o REA (Recurso educativo aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Lingua galega e literatura de 1º ESO. A situación de aprendizaxe que desenvolve ofrece ao alumando un achegamento á diversidade lingüística do galego, co fin de desterrar prexuízos presentes na nosa lingua. Ademais, achegarémonos ao xénero teatral mediante a lectura de obras que poden achegarse á lusofonía e a súa análise tendo en conta a presenza de situacións de desigualdade, discriminación, hábitos sexistas etc. E, finalmente, no ámbito gramatical traballaremos a identificación das principais funcións sintácticas e procedementos de formación de palabras; e no eido léxico a corrección de castelanismos.
O reto consiste no deseño e representación dun programa televisivo que permite traballar os contidos sinalados de xeito transversal.
Este REA correspóndese coas unidades 7 e 8 da programación modelo de PROENS de Lingua galega e literatura de 1º da ESO.
As metas de aprendizaxe son:
- Identificar a diversidade lingüística das variedades dialectais do galego.
- Identificar e desterrar prexuízos lingüísticos e usos discursivos discriminatorios.
- Planificar e realizar exposicións orais de diferentes ámbitos.
- Coñecer e identificar as principais funcións sintácticas.
- Explicar os diferentes procedementos de formación de palabras.
- Detectar e corrixir castelanismos tanto en textos orais como escritos.
- Identificar as principais características do xénero teatral.