Saltar navegación

3. Guía de uso

A cidade suspendida

Este Recurso Educativo Aberto (REA) é unha oportunidade para transformar a aula nun espazo de creación colectiva, onde a imaxinación e o traballo colaborativo dean lugar a unha obra de arte interactiva: unha cidade suspendida.

A importancia deste recurso radica na integración de diversas disciplinas para fomentar o desenvolvemento integral do alumnado. Ao combinar arte, xeometría e creatividade, o proxecto ofrece unha experiencia de aprendizaxe innovadora, colaborativa e profundamente enriquecedora.

O REA abrangue unha ampla gama de obxectivos que buscan a formación global do alumnado. Os mozos e mozas mergullaranse no fascinante universo da perspectiva, o deseño técnico e a inspiración artística, tomando como referencia a obra de Georgia O'Keeffe e o estilo Art déco. Mediante o traballo en equipo, transformarán materiais cotiáns en elementos arquitectónicos que culminarán nunha instalación interactiva grupal. Esta obra, suspendida desde o teito, representará unha cidade cargada de ilusión e creatividade, fomentando a observación, a innovación e a capacidade de transformar o común en algo extraordinario.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)