Temporalización do REA
Esta unidade está pensada para realizar en 12 sesións e, segundo a programación didáctica de referencia publicada en PROENS para a materia de Educación Plástica e Visual de 6º de primaria, desenvólvese no tercer trimestre coma terceira unidade didáctica e englobando parte da cuarta unidade didáctica.
A continuación inclúese unha estimación da temporalización recomendada para cada fase deste recurso:
| Fase | Seccións | Para que? | Temporalización |
|
Fase 1. "A arte que nos rodea" |
1.1. Qué imos aprender aquí? 1.2. Organizámonos. |
Sesións de motivación e presentación da tarefa de xeito que o alumnado teña interese por aprender. |
1 sesión. |
|
Fase 2. "A arte e a xeometría" |
2.1 Lembramos: a xeometría. 2.2. Lembramos: Disciplinas e estilos artísticos. |
Sesións de revisión e activación de coñecementos previos, necesarios para a realización da tarefa. |
3 sesións. |
|
Fase 3. "O debuxo técnico, unha ferramenta para a arte " |
3.1 Elementos do debuxo técnico. 3.2 Deseño de elementos en tres dimensións. 3.3 A escala. |
Sesións con actividades informativas e interactivas có obxectivo de reflexionar, deducir e completar o aprendido. |
4 sesións. |
|
Fase 4. "Arte inmersiva: as instalacións artísticas" |
4.1 Imos a polo reto. 4.2 Georgia O'Keeffe por toda a cidade. |
Sesións dirixidas á realización do reto proposto, amosando a asimilación das aprendizaxes adquiridas. Isto realizarase a través da creación dunha instalación artística. |
3 sesións |
|
Fase 5: "A grande inauguración" |
5. A grande inauguración. |
Sesións adicadas á inauguración da instalación artística, de auto-reflexión, individual e en grupo, sobre a utilidade do aprendido. |
1 sesión |