Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Educación Plástica e Visual de 6º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada en Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Os contidos que corresponden á unidade didáctica 4 (O'Keeffe), segundo o modelo de programación Proens con temporalización anual, están repartidos entre a UD1, UD2 e UD3

A planificación completa inclúe un total de catro REA, cunha distribución que se indica na táboa. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "Ampliando a mirada: dando luz ao invisible"

UD1: Fotografía

UD4: O'Keeffe

CA1.1, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1, CA2.2, CA2.4, CA2.6, CA3.1, CA3.3, CA3.4, CA3.6 , CA4.1, CA4.3, CA4.4, CA4.6

33

1º trimestre

REA 2: "Cinema con conciencia"

UD 2: Animación

UD4: O'Keeffe

CA1.1, CA1.3, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1, CA2.4, CA2.5, CA2.6, CA3.1, CA3.2, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.2, CA4.4, CA4.6

34

2º trimestre

REA 3: "A cidade suspendida"

UD 3: Debuxo xeométrico

UD4: O'Keeffe

CA1.1, CA1.2, CA1.4, CA1.5, CA1.6, CA2.1, CA2.3, CA2.4, CA2.6, CA3.1, CA3.4, CA3.5, CA3.6, CA4.1, CA4.4, CA4.5, CA4.6

33

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

Esta proposta didáctica fundamentase nos eixes principais da materia de Educación Plástica e Visual para 6º de E. Primaria:

  • Desenvolvemento das capacidades perceptivas, expresivas e estéticas a partir do coñecemento teórico e práctico das linguaxes audiovisuais.
  • Potenciación da imaxinación, a creatividade e a intelixencia emocional a través do deseño e a construción creativa.
  • Fomento do espírito crítico ante as diversas obras e manifestacións culturais da nosa contorna.
  • Adquisición das habilidades necesarias para empregar os elementos plásticos e xeométricos como recursos expresivos.


O proxecto colabora directamente na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e na súa conexión co mundo real. A falta de visibilización das mulleres na arte relaciónase, principalmente, co ODS 5: "Igualdade de xénero" e co ODS 10: "Redución das desigualdades".

Ao integrar estes obxectivos, non só estamos a ofrecer ao noso alumnado unha ferramenta valiosa para comprender e desafiar as fendas de xénero, senón que tamén promovemos unha cidadanía global comprometida coa construción dun futuro máis xusto e equitativo. Analizando as barreiras que enfrontaron as mulleres artistas no pasado e comparándoas coa situación actual, o alumnado adquire a capacidade de identificar e cuestionar os estereotipos presentes na nosa sociedade.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

Este REA, en relación coa programación didáctica de referencia publicada en Proens para a materia de "Educación plástica e visual" de 6º de educación primaria, contextualízase na terceira e cuarta unidade didáctica: "Trazado" e "Georgia  O'Keeffe."

O recurso englóbase nos  bloques de contido 1, 2, 3 e 4.

Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise.

Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación.

Bloque 3: Educación audiovisual: percepción e análise.

Bloque 4: Educación audiovisual: creación e interpretación.

Cada un destes catro bloques teñen características propias, aínda que todos están relacionados entre si. No primeiro e no terceiro, inclúense todos aqueles aspectos vencellados ao desenvolvemento de coñecementos, destrezas e actitudes relacionados co recoñecemento, recepción e observación sensitiva e visual, que permiten unha aproximación ás diferentes manifestacións culturais e artísticas da contorna para analizala e comprendela. O segundo e o cuarto bloques fan referencia á expresión creativa de ideas, sentimentos e sensacións mediante a exploración, o coñecemento, a execución e a utilización creativa de diferentes códigos, elementos, ferramentas, instrumentos, materiais, medios, recursos, soportes, programas, aplicacións e técnicas culturais e artísticas. 

Contidos Bloques da materia

CA1.1 - Distinguir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por elas. 

CA1.4 - Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios.
 
CA1.5 - Valorar as sensacións e emocións producidas por diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais, a partir da análise e da comprensión das devanditas manifestacións.
 
CA1.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas plásticas e visuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Bloque 1: Educación plástica e visual: percepción e análise.

CA2.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, a imaxe e os medios dixitais básicos e mostrando confianza nas capacidades propias.

CA2.2 - Expresar con creatividade ideas, sentimentos e emocións a través de diversas manifestacións artísticas plásticas e visuais, utilizando as diferentes linguaxes e instrumentos ao seu alcance, mostrando confianza nas propias capacidades e perfeccionando a execución.

CA2.4 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe plástica e visual e diferentes técnicas artísticas.

CA2.6 - Manifestar respecto na realización de actividades, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Bloque 2: Educación plástica e visual: creación e interpretación.

CA3.1 - Distinguir propostas artísticas audiovisuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa e mostrando curiosidade por elas.

CA3.3 - Seleccionar e aplicar estratexias para a procura de información sobre manifestacións culturais e artísticas audiovisuais, a través de diversas canles e medios de acceso, de forma individual e colaborativa.

CA3.4 - Comparar o significado e os elementos característicos de distintas manifestacións culturais e artísticas audiovisuais que forman parte do patrimonio de diversas contornas, analizando as canles, medios e técnicas vinculados a elas, así como as súas diferenzas e similitudes, e desenvolvendo criterios de valoración propios.
 
CA3.6 - Manifestar respecto na recepción de propostas artísticas audiovisuais interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva.

Bloque 3: Educación audiovisual: percepción e análise.

CA4.1 - Producir obras propias básicas utilizando as posibilidades expresivas do corpo, a imaxe, o son e os medios dixitais básicos, e mostrando confianza nas capacidades propias.

CA4.3 - Planificar e deseñar producións culturais e artísticas audiovisuais colectivas, traballando de forma cooperativa na consecución dun resultado final que cumpra cuns obxectivos acordados e asumindo diferentes roles, desde a igualdade e o respecto á diversidade.

CA4.4 - Participar no proceso cooperativo de producións culturais e artísticas audiovisuais, de forma creativa, utilizando elementos básicos da linguaxe audiovisual e diferentes técnicas artísticas.

CA4.6 - Manifestar respecto na creación e interpretación de propostas artísticas audiovisuais, interiorizando as normas elementais de comportamento e mostrando unha actitude positiva e empática cara á expresión de ideas, sentimentos e emocións dos demais.

Bloque 4: Educación audiovisual: creación e interpretación

Porén, é fundamental comprender que o avance nestes aspectos artísticos non deben abordarse de xeito illado; o seu tratamento debe ser integrador e globalizado, que lle permita ao alumnado, adquirir coñecementos útiles para interpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Isto implica a transferencia de coñecementos, habilidades e actitudes doutras áreas disciplinarias, que se reflicten nestes bloques interconectados. 

Así, este enfoque aborda de xeito transversal os catro bloques, enfocándose especialmente nos seguintes obxectivos da materia.

Obxectivos Descrición
OBX1

Descubrir propostas artísticas plásticas e visuais de diferentes xéneros, estilos, épocas e culturas, a través da recepción activa, para desenvolver a curiosidade, a sensibilidade, o pensamento crítico e o respecto pola diversidade

OBX2 Investigar acerca de diferentes manifestacións culturais e artísticas plásticas e visuais e os seus contextos, empregando diversas canles, medios e técnicas, para gozar delas, entender o seu valor, así como desenvolver o pensamento e unha sensibilidade artística propia.
OBX3 Expresar e comunicar de maneira creativa ideas, sentimentos e emocións, experimentando coas posibilidades do son, da imaxe e dos medios dixitais, para producir obras propias.
OBX4 Participar do deseño, elaboración e difusión de producións culturais e artísticas plásticas e visuais, tanto individuais coma colaborativas, poñendo en valor o proceso e asumindo diferentes roles na consecución dun resultado final, para desenvolver a creatividade, a noción de autoría e o sentido de pertenza.

A continuación inclúense os descritores das competencias clave estipuladas pola normativa traballadas neste recurso. 

Competencias clave Clave dos descritores operativos
CCL: competencia en comunicación lingüística. CCL1, CCL3.
CP: competencia plurilingüe. CP1, CP3.
STEM: competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñería. STEM1, STEM2, STEM3.
CD: competencia dixital. CD1, CD2.
CPSAA: competencia persoal, social e de aprender a aprender. CPSAA3, CPSAA5.
CC: competencia cidadá. CC1, CC2, CC3.
CE: competencia emprendedora. CE1, CE2, CE3.
CCEC: competencia en conciencia e expresións culturais. CCEC1, CCEC2, CCEC3, CCEC4.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)