Saltar navegación

2. Contextualización curricular

Contextualización do REA na programación de materia

Este REA forma parte da proposta cREAgal para a materia de Educación Física de 6º de Educación Primaria O seu deseño parte da programación modelo publicada por Proens e vixente en xuño de 2024, a cal se achega en formato PDF para facilitar a súa consulta e garantir a coherencia coa planificación curricular.

Na proposta de REA de cREAgal agrúpanse dúas unidades didácticas en cada un dos REA, configurando unha secuencia coherente ao longo do curso. A planificación completa inclúe un total de catro REA, cunha distribución que se indica na táboa. 

Relación dos REA coa programación modelo de Proens

Número de REA e título

Unidade/s didáctica/s (Proens)

Criterios de avaliación traballados

% Peso Materia (Orientación de Proens)

Temporalización

REA 1: "Un plan perfecto"

UD1: Somos un equipo

UD2: Actívate

CA1.1, CA1.2, CA1.3, CA1.4, CA2.1, CA2.2, CA2.3, CA2.6, CA4.3, CA4.4, CA4.5

18

1º trimestre

REA 2: "Unha viaxe inesperada"

UD 3: xogos de sempre

UD 4: expresa-T

CA1.5, CA1.6, CA2.4, CA2.5, CA3.2, CA3.3, CA3.4, CA4.3, CA5.2, CA5.3, CA5.5, CA5.6, CA5.7, CA6.2

22

1º trimestre

REA 3: "A nosa Cooperation League"

UD 5: Espírito olímpico

UD 6: Xogamos en equipo

CA1.5, CA1.7, CA3.1, CA3.2, CA4.2, CA4.4, CA4.6, CA5.1

30

2º trimestre

REA 4: "Contornas diferentes, deportistas referentes"

UD 7: Deportes Paratodos

UD 8: A contorna

CA1.6, CA2.2, CA3.1, CA3.2, CA3.3, CA3.5, CA4.1, CA4.3, CA5.4, CA5.6, CA6.1, CA6.3, CA6.4, CA6.5

30

3º trimestre

Eixes da proposta didáctica

A área de Educación Física (EF) fundaméntase na adquisición de capacidades que contribúan ao desenvolvemento persoal e a unha mellor calidade de vida. Diríxese ao coñecemento progresivo da conduta motora e á adquisición de actitudes, valores e normas referentes ao corpo e ao movemento.

Esta área participa activamente na consecución de diversos fins educativos na etapa de Educación Primaria: a socialización, a autonomía, as aprendizaxes básicas e a mellora das posibilidades expresivas, cognitivas, comunicativas e lúdicas. A EF resulta idónea para o tratamento da diversidade, pois fomenta a coeducación e promove a igualdade de oportunidades para ambos os sexos.

Debemos lembrar que a EF non é unha simple aprendizaxe de movementos, senón un camiño cara á educación integral que utiliza o movemento como axente pedagóxico con diversas funcións:

  • Función de coñecemento e organización perceptiva.
  • Función anatómico-funcional e hixiénica.
  • Función estético-comunicativa e de relacións persoais.
  • Función agonística, hedonista, de compensación e catártica.


Este REA contribúe a un dos obxectivos principais da área: fomentar a adquisición dun estilo de vida activo e saudable, que permita ao alumnado consolidar hábitos e perpetualos ao longo da súa vida. Estes hábitos son a clave para previr o sedentarismo e a obesidade.

Para abordar con éxito as situacións motrices ás que se verá exposto o alumnado, será preciso desenvolver, de maneira integral, capacidades de carácter cognitivo e motor, pero tamén afectivo-motivacional e de inserción social. Deste xeito, o alumnado aprenderá a xestionar as súas emocións e as súas habilidades sociais en contextos de práctica motriz real.

"Un Plan perfecto" ademais está estreitamente relacionado co traballo dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) tendo relación directa cos seguintes:

  • ODS 3 — Saúde e Benestar: xa que promove hábitos saudables, a hixiene persoal e a importancia dun estilo de vida activo para mellorar o benestar físico, mental e social.
  • ODS 4 — Educación de Calidade: xa que partimos de problemas reais que se traballan a través de retos prácticos e cooperativos. Iso garante que o alumnado desenvolva habilidades sociais e de resolución de conflitos, e ademais fomentase a aprendizaxe significativa.
  • ODS 10 — Redución das Desigualdades:  ao traballar de forma cooperativa e promover a inclusión, esta situación de aprendizaxe contribúe a reducir desigualdades sociais e a fomentar a equidade.
  • ODS 16 — Paz, Xustiza e Institucións Sólidas: a resolución pacífica de conflitos e o traballo cooperativo fortalecen valores de convivencia e respecto mutuo.

Contidos, obxectivos específicos e competencias clave

O marco curricular que abrangue a esta situación de aprendizaxe relacionase directamente coa unidade didáctica número 1: Somos un equipo e a unidade didáctica número 2: Actívate, que corresponde á programación modelo de 6º de Primaria proposta para a área de Educación Física na aplicación Proens da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na Comunidade Autónoma de Galicia.

A continuación expóñense os contidos específicos traballados dentro do recurso:

Contidos Bloque da materia
  • C1.1-Saúde física
    •  C1.1.1-Efectos físicos beneficiosos do estilo de vida activo.
    • C1.1.2-Impacto dos alimentos ultraprocesados e das bebidas pouco saudables.
    • C1.2.3-Educación postural en accións motrices específicas.
    • C1.1.4-Responsabilidade persoal no coidado do corpo.
  • C1.2-Saúde social
    • C1.2.1-Efectos sociais beneficiosos do estilo de vida activo.
    • C1.2.2-Aproximación aos efectos dos hábitos non saudables e influencia na práctica de actividade física.
  • C1.3- Saúde mental
    • C1.3.1-Efectos psicolóxicos beneficiosos do estilo de vida activo.
    • C1.3.2-Consolidación e axuste realista do autoconcepto tendo en conta a perspectiva de xénero.
    • C1.3.3-Respecto e aceptación do propio corpo e do aspecto corporal dos demais.
Bloque 1
  • C2.1-Usos e finalidades: catárticos, lúdico-recreativos, competitivos e agonísticos.
  • C2.2-Actitudes consumistas respecto do equipamento. Análise crítica da adquisición de material para a práctica físico-deportiva.
  • C2.3-Utilización adecuada e coidado do material, dos espazos e das instalacións na práctica da actividade física.
  • C2.4-Hábitos autónomos de hixiene corporal e postural en accións cotiás.
  • C2.6-Uso de ferramentas ou plataformas dixitais.
  • C2.7-Prevención de accidentes e lesións nas prácticas motrices: quecemento xeral, dosificación do esforzo e volta á calma. Importancia de respectar as normas de seguridade. Compromiso de responsabilidade cara á seguridade propia e á dos demais.
  • C2.8-Actuacións básicas de primeiros auxilios ante accidentes e lesións durante a práctica da actividade física. Posición lateral de seguridade. Conduta PAS (protexer, avisar, socorrer).
Bloque 2
  • C4.1-Xestión emocional: autoestima, ansiedade e situacións motrices. Estratexias de afrontamento e xestión.
  • C4.2-Autonomía e autoconfianza: aumento da autonomía persoal, mellora e afianzamento da confianza en si mesmo e nos demais durante a práctica motriz.
  • C4.3-Habilidades sociais: estratexias de traballo en equipo para a resolución construtiva de conflitos nas diversas situacións motrices.
  • C4.4-Concepto de fairplay ou xogo limpo.
  • C4.5-Identificación e rexeitamento de condutas contrarias á convivencia en situacións motrices (discriminación por cuestións de xénero, de capacidade, de competencia motriz; actitudes xenófobas, racistas ou de índole sexista; abuso sexual ou calquera forma de violencia).
Bloque 4

Obxectivos da materia traballados especificamente no REA:

Obxectivos Descrición
OBX 1

Adoptar un estilo de vida activo e saudable, practicando regularmente actividades físicas e deportivas e adoptando comportamentos que potencien a saúde física, mental e social, así como medidas de responsabilidade individual e colectiva durante a práctica motriz para interiorizar e integrar hábitos de actividade física sistemática que contribúan ao benestar.

OBX 3

Desenvolver procesos de autorregulación e interacción no marco da práctica motriz, con actitude empática e inclusiva, facendo uso de habilidades sociais e actitudes de cooperación, respecto, traballo en equipo e deportividade, con independencia das diferenzas etnoculturais, sociais, de xénero e de habilidade dos participantes, para contribuír á convivencia social e ao compromiso ético nos diferentes espazos en que se participa.

Competencias clave e os descritores operativos traballados específicamente no REA:

Competencias clave Clave dos descritores operativos
COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA (CCL) CCL 1 e CCL 5
COMPETENCIA MATEMÁTICA E COMPETENCIA EN CIENCIA, TECNOLOXÍA E ENXEÑARÍA (STEM) STEM 2 e STEM 5
COMPETENCIA PERSOAL, SOCIAL E DE APRENDER A APRENDER (CPSAA) CPSAA 1, CPSAA 2, CPSAA 3  e CPSAA 5
COMPETENCIA CIDADÁ (CC) CC 2 e CC 3
COMPETENCIA EMPRENDEDORA (CE) CE 3

Feito con eXeLearning (Nova xanela)