A nosa área ten como principal obxectivo dispoñer do maior tempo motor posible, polo que nesta proposta tentase que a maioría das sesións sexan de práctica motriz e reducir ao mínimo as sesións na aula ordinaria.
Esta situación de aprendizaxe está deseñada para 10 sesións, cinco delas pensadas para a práctica motriz que poden aumentarse tendo en conta os tempos que se necesiten dentro da aula para activar eses coñecementos previos. Algunhas delas, están propostas para facer na aula ordinaria, aínda que podería propoñerse ao alumnado facelas na súa casa, ao estilo de clase invertida, e gañar tempo de práctica motriz. Tamén poderían facerse algunhas delas en colaboración co profesorado titor nas horas de lingua. Outra proposta podería ser, facelas de xeito grupal no pavillón ou ximnasio se dispón de pantalla dixital con acceso a Internet.
A proposta de temporalización é a seguinte:
| Fase |
Seccións |
Descrición do traballo a desenvolver |
Temporalización |
|
Misión de urxencia.
|
1.1. A saúde está en xogo.
1.2. Un reto que cambiará vidas.
1.3. Obxectivos e metas.
1.4. Paso a paso.
1.5. Diario de aprendizaxe.
|
- Presentación do reto ¨Un Plan perfecto¨.
- Comprender o reto, os obxectivos e as metas a alcanzar co mesmo.
- Entender os pasos que faremos durante a situación de aprendizaxe.
- Explicación do diario de aprendizaxe e chamada para cubrir a fase 1 do mesmo.
- Xogos cooperativos.
|
- 1/2 sesión en aula ordinaria.
- 1/2 sesión pavillón.
|
|
Atando cabos.
|
2.1. Buscando conexións.
2.2. Máis vale previr que curar.
2.3. Un bocado de información.
2.4. Consciente-mente.
2.5. Diario de aprendizaxe.
|
- Reflexión grupal sobre a información relacionada sobre hábitos non saudables.
- Coñecementos previos sobre a distinción entre hábitos saudables e non saudables.
- Actividades multinivel de coñecementos previos relacionado cos primeiros auxilios.
- Coñecementos previos sobre a alimentación (etiquetas nos produtos alimenticios e o Prato de Harvard).
- Reflexión grupal sobre hábitos saudables.
- Folla de rexistro hábitos familiares.
- Chamada para cubrir a fase 2 do diario de aprendizaxe.
- Formación cooperativos.
|
- 1/2 sesión en aula ordinaria.
- 1/2 sesión pavillón.
|
|
Tira do fío.
|
3.1. Tira do fío:
- Fío vermello.
- Fío verde.
- Fío amarelo.
- Fío azul.
3.2. Desa-fíos saudables.
3.3. Diario de aprendizaxe.
|
- Concepto de saúde e a súa relación co benestar físico, mental e social.
- Traballo sobre o benestar físico, mental e social con actividades interactivas.
- Primeiros auxilios (PAS) e (PLS) con actividades interactivas.
- A alimentación (O prato de Harvard e actividade interactiva ¨o rosco sen azucre¨).
- Hixiene persoal e postural.
- A hixiene do sono e o descanso.
- Sesións motrices mediante retos cooperativos:
- Alimentación.
- Benestar.
- Primeiros auxilios.
- Hixiene (persoal, postural e do sono).
- Chamada para cubrir a fase 3 do seu diario de aprendizaxe.
|
- 2 sesións sobre a alimentación.
- 1 sesión sobre o benestar.
- 1 sesión sobre os primeiros auxilios.
- 1 sesión sobre a hixiene.
|
|
Tecendo un gran plan.
|
4.1. Replaneamos.
4.2. Sans e salvos.
4.3. Algún cabo solto?
4.4. Diario de aprendizaxe
|
- Recordar o reto inicial : Creación dun Plan perfecto de estilo de vida san e activa.
- Elixir o formato e elaborar o plan perfecto en equipo.
- Elixir o tipo de formato que van a empregar para elaborar a noticia e reparto de roles e funcións entres os integrantes do equipo.
- Comparar a folla de rexistro de hábitos da familia cas recomendacións xerais aprendidas sobre os hábitos saudables.
- Compartir o aprendido coa familia para mellorar o estilo de vida.
- Lista de cotexo sobre o plan
- Chamada a cubrir a fase 4 do seu diario de aprendizaxe.
|
- 2 sesións en aula ordinaria.
|
|
Patchwork.
|
5.1. Compartimos saúde.
5.2. Valora
5.3. Recompilamos e reflexionamos.
5.4. Diario de aprendizaxe
|
- Presentación plan ante os compañeiros e compañeiras de clase.
- Folla de autoavaliación.
- Coavaliación e rúbrica de valoración do traballo en equipo.
- Reflexión grupal sobre a experiencia durante a situación de aprendizaxe.
- Difusión do reto realizado en equipo á comunidade educativa.
- Chamada a cubrir a fase 5 do seu diario de aprendizaxe.
|
- 1 sesión en aula ordinaria.
|