Saltar navegación

2.3. Metodoloxía

Metodoloxía

Banner proxectgalo cREA

O deseño deste REA ten como obxectivo ofrecer ao alumnado unha aprendizaxe significativa, baseada na resolución de retos conectados coa realidade e con impacto social. Estas propostas esixen a toma de decisións e a valoración crítica tanto dos resultados como do propio proceso.

O eixe fundamental é o traballo colaborativo, mediante a creación de grupos estables durante todas as fases do proxecto.

As tarefas organízanse en dous niveis:

  • Individuais: con gradación de dificultade e progresividade. Ofrécese ao alumnado a posibilidade de escoller actividades segundo os seus intereses e capacidades.
  • Grupais: mediante estratexias que teñen en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe. Valórase non só o resultado, senón a progresión motriz e a capacidade de aprender de xeito autónomo.

Enfoque do proceso de ensino-aprendizaxe
Para que o alumnado se sinta parte activa do proceso, o proxecto segue un enfoque triplo:

  • Personalizado: búscase a relación cos coñecementos previos e inclúense actividades multinivel.
  • Significativo: o alumnado aprende ao tempo que "aprende a aprender", interiorizando experiencias que fan afondar nos seus coñecementos.
  • Funcional: búscase a utilidade do aprendido en situacións reais do seu mundo cotián.

Criterios metodolóxicos en Educación Física

A metodoloxía é esencialmente práctica e competencial, seguindo estas liñas mestras:

  • Flexible: adaptándose continuamente aos diferentes niveis de cada alumna e alumno.
  • Activa: fomentando un alumnado autónomo e responsable das súas aprendizaxes.
  • Participativa: potenciando a cooperación e a colaboración constante.
  • Integradora: facilitando que todos se sintan capaces coas súas propias respostas motrices, mellorando así a súa autoestima.
  • Contextualizada: o alumnado debe comprender en todo momento o que está a facer, os obxectivos e os pasos a seguir.
  • Lúdica: utilizando o xogo como elemento fundamental de motivación.
  • Creativa: propoñendo a procura de solucións orixinais aos problemas que xurdan.
  • Progresiva: expondo o alumnado a retos cada vez máis complexos de xeito graduado.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)